POBO QUÉ CARALLO ESPERAS?? , TRANSMUTA , COLLE O CARABULLO E ADIANTE CO VARAL!!
Sementes de victoria en cada varado indíxena , a LNB reivindízase en cada Aberto e faino parello ó amor e respeito á terra que pisa ó ar que respira, foi ista nova accion celebrada iste sábado na Ponte de Outeiro en Muimenta donde se constatou a ecuacion brutal que fixo xermolar fai un tempo nas pistas da LNB a Ex-Tension Agraria a banda de Punk-Rock Indíxena que iste vindeiro 2 de novembro estará en Chantanada asaltando o esceario do CastañazoRock grazas ó impulso dos paláns da LNB , das figueiras e das esculturas atoxestionadas dos Carabullo e naturalmente ó espírito indomábel e Resistente do Gardarríos presente cada acorde imposíbel do grupo de Bretonha.
Ó mediodía as Maulas de Mondoñedo amiazaban chuvia como acontecera o día anterior na ciade do Rei das Tartas , o suspensión dos concertos do venres nas San Lucas pula chuvia inxectabas a besta que a LNB leva dentro para superar calquera adversidade metereolóxica e abrazar a lóxica de desputar o Aberto nun marco tan potente e brutal como o do Campo da Festa de Outeiro donde ó final se celebrou o embite.
Un embite que algun palanador utilizou para estear as espectaculares sudadeiras da Universiaade Rural de Barreiros , Xose de Tropa Lixeira lucia explandoroso e comantou polo miudo os pormeros dista gran iniciativa posta en marcha polos compañeir@s de Ollomao , a sociacion con sede en Celeiro de Mariñaos é a que xestona e coordiana ista gran proxecto ubicado na antiga Escola de Celeiro que ten a todo o país cos ollos chantados e para o cal a LNB ten a Tonho Randeeira coma catedrático billardeiro á disposicion do comité universiatario para cando así o estimen oportuno comezar a repartir paus entre os alumnos e alumnas nas Sementes Billardeiras da Universidade Rural.
E simuláneo á deputa do Aberto da Terra Non se Vende de Outeiro en Vigo elexíanse os premios da Crítica de Galizia 2013 cuxo galardón na cetegoría de poesía recaeu na obra "Transmuta" creada por ise gran referente billardeiro chamado Xabier Cordal . Transmuta cando se editou chegou ás pistas da LNB e dahí ós premios nacionais , ás billarda cárgaas o diaño polo que de xeito alebrestrado varios palanadores e palanadoras arrimarion os seus paláns ós carballos ó carón da pista para reivindicar o día das letras para Carvalho Calero. Atencion ó impactante fotocol apoiando a candidatura de Caravalho que vai estoural no VaralFacebook.
E quen se reivindicaron dun xeito pleno e total foron os palanadores locais, nistes dous primeiro Abertos da Norleste pleno de presenza chairea no máis alto do podium. En Outeiro Charly de Carabullo acadou a victoria acompañado no pódium por Kiko de Cadaval e Noé de Troitas Bravas , premio tamén para a mellor equipa que fai para os lokais Carabullo . Segue a raibosa actualidade no facebook da Norleste e no da Conf. Rías Baixas donde iste sábado a tribo Lipi Lape voltou tomar Marín- Pobo que esperas , Transmuta e adiante co Varal!!
5 Comments:
At 12:56 PM, Anônimo said…
Un bo aberto na Ponte de Outeiro, sen dubida cabe destacar que para min un dos mellores..Tan so levo un ano xogando a esto, e rocordo que o ano pasao dixeronme que tiña que cambiar a billarda , pois parece ser que non taba dentro das medidas reglamentarias, e dende longo cambieila, as normas son as normas, pero tamen nesta segunda xornada puiden ver que habia billardas demasiado pequenas ou palans un pouco mas grosos do normal e incluso un pouco pequenos, penso que non taria mal que os organizadores levaran algo con que medir o material sospechoso antes de empezar o xogo, pois o xusto e o xusto... Un xugador mais
At 2:21 PM, Anônimo said…
Estou dacordo co comentario anterior. Eu tamén me tuven que adaptar as medidas que me dixeron e non e xusto quen unhos respeten as normas e outros as pasen por alto.
At 8:29 AM, Unknown said…
coach purses
ugg australia
cheap ugg boots
cheap uggs
michael kors outlet online
coach purses
nike outlet
nike factory store
ugg sale
nike factory store
At 8:32 AM, raybanoutlet001 said…
coach outlet online
cheap uggs
coach purses
cheap ray ban sunglasses
skechers factory outlet
sac louis vuitton
christian louboutin outlet
rolex replica
ugg sale
ugg australia
At 7:58 AM, raybanoutlet001 said…
louis vuitton sacs
ugg boots
supra sneakers
ugg outlet
michael kors handbags
cheap oakley sunglasses
skechers shoes
valentino outlet
kobe 9
oakley sunglasses
Postar um comentário
<< Home