O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 08, 2013

O FERVEDORIO COLAPSA CUNTIS COA NOVA EDICION DO SEU ABERTO BILLARDEIRO NO ALBARIÑOS!!


















Iste sábado os irmans do Fervedoiro invadiron de novo o xá mítico espazo dos Albariños de Cuntis , coincidía en data e hora co gran aberto puntuábel na Conf. RíasBaixas en Dorrón mais pese a non poder estar presentes as grandes estrelas do hemisferio Sul da LNB as billardas bruaron e fíxérono co firme impulso dun colectivo e dun activistas de puños pechos como cantou a pé de pista  Pepe Constela o cantautor que puxo a súa voz e talento a ferver.


















O Xantar de irmandade servíu para quentar os corpos e ialmas de cara ó gran desafío da tarde , niste tramo da xornada os dasafíos , os retos e apostas de cara ó rendemento na pista comezaron a saír ó ar ó mesmo ritmo que as botellas do máxico licor café comezaban a baixar.



















Xa poden ir as grandes estrelas da LNB pondo as barbas a remollo , segundo o espectacular crónico guindado no web-blog  do Fervedoiro a autoxestion na coordinacion do Aberto polos activista da comarca do Umia e a participacion plena de palanadores e palanadoras da comarca reforzaron os fíos cara unha inmersion billardeira futura ó mais alto nivel competitivo.


















Dende Compostela Luis Pirucha aportou  infraestructura billardeira que reforzou o propio equipamento de seu do Fervedorio que apresentarion nista III Aberto uns espectaculares Varais made in Cuntis.


















No horizonte queda unha nova victoria colectiva do activismo Billardeiro cuxa imaxe exemplifica o veciño do Gallo Xavi Garrido que venceu na espectacular final a Fran Escariz...o crónico ó completo akí e o impresionante mosaico de imaxes. Se os irmáns de Cuntis puideron ti tamén podes....Fervedoiro Sempre Adiante co Varal!!

9 Comments:

Postar um comentário

<< Home