O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 18, 2013

NEN A TERRA NEN A BILLARDA SE VENDE!!


































Fin de semana de intenso olor a besta e sabor a polbo , co impulso do bafo dos burros , cabalos e machos empurrando dende o campo dos paxariños de Mondoñedo co facho das San Lucas a LNB iste sábado voltará ó campo da Festa de Outeiro para celebrar unha nova edicion do referencial Aberto e Foliada organizado polos poderosos Carabullo de Muimenta . Aberto puntuábel da Conf. Mae cuxo final via ser dises que deixan pegada xa que despois da entrega dos espectaculares premios ó cales se unen as xa inseperábeis botellas de semente de victoria " Fabas do Gardarrios" carrexadas dende as leiras sitiadas polo aramios de espiños de Lourenza.
















Festa e Foliada coas Billarda´s Girls creadas polo gran Muriego dos Remourelle Bulls coma grandes anti-raiñas do lusco e fusco con pinchos e queimada gratis para celebrar entre outras cousas que a forza do pobo unido e ceibe foi a que paralizou o xenocidico mineiro de Corcoesto e se non che aguanta o corpo , apartires das 11 h. da mañá no Zulo de Bretonha estarán os Ex-tension Agraria preparando a pota que estourará enriba do esceario do CastañazoRock en Chantada , e atencion porque no Aberto de Outeiro se reservarán xa as prazas para subir á Anti-Guagua que levará á banda indíxena e ós anti-fans que queiran viver ista histórica viaxe á terra brava.

















E simultaneamente ó campo de Outeiro no Parque Eguren de Marín realizarase unha nova enganchada Lipi-Lape puntuábel para a Conf. Rías Baixas , se chove ademais da zocas os irmáns de Gharabotos teñen localizado o pavillon do Illa de Tambo , alí tamén haberá moitos palanadores e palanadoras que en cada golpexo ollen cara ó horizonte no que se atopa a Praza do Cantón de Chantada donde un golpe co coitelo e co palán na mesa do Restaurante Mogay será realizado