O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 11, 2013

LUGO , BUEU , BOQUEIXÓN, CÁDIZ , CAMBADOS E SAN TOME DE PIÑEIRO ...ISTA FIND.COLLE O PALÁN E FAITE INDÍXENA!!










Co punto de mira das nosos paláns posto na caluga dos membros dun xurado en Chantada as billarda da LNB afrontan unha vez máis un intenso find. de emocions compartidas , coa oforza dos irmáns do balón pesado que o pasado sábado arrincaron a Liga Gallaecia en Lugo cuxo crónico da histórica xornada en Nadela sinala á Liga Nacional de Billarda , incísase unha xeira que ten o seu punto de partida na polvada contra a Hispanidade dos MadiaLeva , alí ó calor dos petiscos e do viño do país artellarase a inmersion billardeira da franquia LNB impulsada polos berros á hora do brinde anti-colonial de "Viva o Indixenismo Galego"  , unha celebracion contra o xenocidio colonial que se espallará no Local dos Madia ate ben entrada a noite..






















E para amoasarlle á metrópole o poder ó que se enfronta a referencial Conf. Sur bota a andar ista tempada e faino en Bueu , unha terra sementada que vai recibir cos brazos abertos e a paus a tribo Pincha que de seguro vai saír do Campo da Estacada cos forza e vitalidade dun can de palleiro na procura do estrano que se achega á casa. A cita iste sábada ás 16 h.


















E simultaneo a Bueu celebrarae no Campo de Festas do San Benito , detrás do Bar Portugués ,en Boqueixón a segunda enganchada regular na Conferencia Centro , organizado polos Trouleiros iste Aberto puntuábel leva o espectacular nome de "Abero do Portugués" un claro exemplo de como a billarda se apoia no comercio local para que ambas actividades totalmente aldraxadas e esquencidas polos poderes públicos collan forza e se disparen ó futuro .


E se ó día seguinte quedaches con fame de billarda depois do asalto de Bueu , preto da Estaca no Castelo en Cambados tes a opurtinidade se madrugas ou non te deitas apartires das 10 h. de participar nun Aberto de Billarda que se organiza no marco da Festa da Colleita. Mágoa que os cabalos só sexan para montar e non se lles poida meter o dente ...



















Donde de seguro se lle vai poder meter o dente a algun maxistral petisco para acompañar uns grolos de manzanilla e vermuth vai ser na conferencia máis galega , é dicer a Andaluza que converteu o Toxo Verde nun lugar de culto e peregrinacion para toda a comunidade indíxena-billardeira que olla pasmada todo o que alí acontece.
















E tan só unhas horas despois que as ostilidades billardeiras cesen no Toxo Verde no Campo de futbol de San Tomé de Piñeiro en Marin arrincará unha nova edición do Aberto da Mazá e da Sidra Galega, Apoloxía Carnelao da Pataca da árbore que apartires das 16 h. vai mazar os corpos na procura do máxico churume de varado. Ate o luns paus ergueitos ...Parcelaria NOM , Billarda Sempre!!