DAS PISTAS DA LNB ÁS FERVENZAS DO ROCK GALEGO, "CORZO-BOI" , O SER MITOLÓXICO DO PUNK-ROCK INDÍXENA IRROMPE EN ESCEA DA MAN DE EX-TENSION AGRARIA!!
[ Pintura : Luis Pirucha ] - Cando a LNB decidíu dar un firme paso
á fronte apostando pola Coroza coma inequívoco simbolo da máxima
gloria que un palanador ou palanadora pode obter no brutal contexto
billardeiro moi poucos ou mais ben naide podía imaxinar que das
pistas da LNB o poder da coroza se transladaría ás fervenzas da
música galega do século 21 , activistas do palán abrazan sen
temor o imaxinario colectivo que se acocha baixo as xestas para
artellar un pleninurio ser , Muriego , artista total e indíxena dos
Remourelle Bulls é a constelacion da cal surxíu o que só uns
privilexiados ollos van poder ver iste sábado ás 21 h no mercado
gandeiro de Chantada. Ex-Tension Agraria chega ó Castañazo non para
pasar unha tarde senón para marcar un punto de inflexión cunha
infernal e alebrestrada opa hostil ó entramado do Rock
Galego...Demos , trasnos , Meigas , lobishomes , chucabras, mouras ,
corvos, urcos e avelaiñas...todos istes seres da mitiloxía galega
confúen na arrepiante figura do CORZO-BOI , a metástese
billardeiro-carnelao que ó carón dos Gadanheiros no esceario do
Castañazo vaise abrir paso entre as trebas para escupirche na cara e
activar o teu sentimento indíxena ...PARCELARIA NOM, CORZO-BOI
SEMPRE!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home