O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 10, 2013

"1018 GÚSTAMES" PASAN A PATACA FERVENDO Ó TELLADO DO XURADO DO FESTIVAL CASTAÑAZO ROCK 2013!!









Iste xoves ás 18 h. pechouse o prazo de votacions de "Gustames" para que a público de todo o mundo elixa as súas preferencias entre as máis de 30 bandas supostamente "emerxentes" para que unha delas suba ó esceario do festival Castañazo Rock que se celebra en Chantada. De entre o grupo das 5 máis votadas serán as que un Xuri elixa a banda que arrinque o festival , tal e como evolucionaron os acontecementos ista semana o que sen dúbida será o grupo estrela do Castañazo2013 vai ser a banda elexida entre os cinco escapados do pelotón...
















Dende fai xa uns anos a LNB coordina o xa mítico Aberto de Billarda do Castañazo , unha accion que ano a  colle máis forza e impulso e para o que incluso a LNB estuda se todo camiña polo cauce establecido , darlle o caracter de puntuábel para a Conferencia Canóns do Sil ( que englobaría as terras de ouriense e o sul de lugo )


















Unha implicacion máxima a que a xente da Billarda demostra co festival e cos actos paralelos do mesmo é a victoria da equipa da LNB nos pasados xogos bravús, un triunfo que a LNB levaba perseguindo dende varios anos e que foi no décimo aniversaio do festival cando se abrazou a gloria-carnelao. Galletas Mariñeiras e Licores Auga Vella ambas empresas asentadas en Chantada e que por medio da LNB son as que dotan de licor café e pan salgado ós vencedores diste gran evento anti-deportivo.

















Coas billardas afiadas a inciciativa do Festival diste ano de por a proba o apoio popular para impulsar unha banda ó esceario do mercado de gando de Chantada , supuxo o gran e inesperado reto para toda a comundidade billardeira galega e internacional que víu como a banda surxida nas pistas da LNB con todos os seus membros militando en diferentes franquicias asumía o desfío e se puña no desfiladeiro para que o público disparase os seus "gustames".














Mais non foi só a LNB senón que foron varios os colectivos os que dende o principio da loita polos "gustames" tomaron decididamente partido para apoiar a Ex-Tension Agraria no seu gran asalto ó esceario do Castañazo, os coitelos , culleres e garfos de Carnelao ( colectivo a prol da soberanía alimetar galega ) situáronse dende o arrinque do desafío ó carón das Gadañas sendo os máis firmes aliandos nista gran marathon indíxena que ogallá culmine cos Gadanheiros da LNB sobre o esceario custodiando a brutal chuvia de ósos de churrasco co que  o grupo obsequiará ó público.









Baixo a friaxe no décimo aniversario os activistas da LNB entre os que se atopaban varios membros de Ex-Tension Agraria participaron e vencerón no gran desafío dos xogos bravús actuando coma un equipo firme, rexo e sen fisuras..
















A mesma actitude de compromiso total cunha filosofía LNB amosou toda a Comunidade Indíxena que dende un primeiro intre apoiou a Ex-Tension Agraria catapultando a banda ó primeiro posto con nada menos que "1018 gustames" a case 100 do segundo clasificado. A pataca quente non, fervendo está agora no tellado do Xurado que ten agora que selar a proposta elexida polo público ou senón contradecir á vontade popular e sacar da manga unha das bandas perdedoras e apanadar con todo o que iso vai supor para a credivilidade do festival bravú.  









Foi naquela noite no Cabaleiro de Viana cando o Bravú naceu , daquela chuvia de licores emerxeu algo que fixo retemblar a terra cuxo olor a bravío e espírito indomabel sobrevide intacto en cada Aberto da LNB.- Iste luns saberase a deliberacion do xurado mais ogallá que non sexa o bravú quen tente pecharlle as cancelas ó Punk Rock Indíxena!!

2 Comments:

  • At 9:45 AM, Anonymous Anônimo said…

    O pobo é quen mais ordea. Ex-Tensión Agraria ao Castañazo.

     
  • At 3:11 PM, Anonymous Anônimo said…

    ETA ao Castanhazo

     

Postar um comentário

<< Home