O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 05, 2013

CARNELAO E A LNB... A MESMA LOITA OS MESMOS VICIOS!!















A herba , o alimento de animais coma os cabalos, xatos ou carneiros , convértese nun elemento elemental para os palanadores e palanadoras da LNB que ó aspeto inxiren ises exquisitos manxares para impulsar os seus mais podeoros golpes. Uns golpexos sobre a herba que empurran o gran proxecto billardeiro cara o abismo dos Canóns do Sil cimentado en estalos coma o xa mítico Aberto do Castañazo , un festival que iste mesmo mércores ven a apresentar o seu espectacular cartaz que vai encher de novo Chantada de bravura e intensidade billardeira capaz de tronzar o universo enteiro.















Fai uns días puidemos ver a Cristian de Gharabotos ó carón de Vlado Gudelj , unha premonicion quizais do que ía acontecer no Aberto do festival de Salvaterra donde guiado pola máxia do dianteiro bosnio acariñou a gloria-Carnelao conseguindo imporse niste referencial torneo da Conferencia Sur















Un aberto que puxo en marcha a maquinaria da Conferencia Sur e que confirmou o gran estado de forma co que as palanadoras dista conferencia afrontan o gran reto 2013-14 no que Chefa e Chris déron un brutal golpe de autoridade conseguindo o segundo e terceiro posto respeitivamente.















Unha maquinaria que engraxou con poesía e música galega a Conf. Sur e xa está en marcha na veciña Rías Baixas que fixo pública a súa gran posta a punto utilizando os medios tradicionais coma as páxinas do Faro de Vigo nun intre no que os xornais xeralistas están no ollo do furacán a LNB non descuida a difusión polos puxantes e poderoso medios propios coma TodoLNB donde se pode ver o video promocional da vindeira tampada.