SABUCEDO , BEGONTE , DENA E BUEU...DESFRUTA DUNHA FIND. DE FESTA, CARNELAO , INDIXENISMO E BILLARDA!!
Coma un garañon desbocado en busca de pelexa ...así chegou Paulo á terra , o pulmón do proxecto de inditrónika indíxena galega " Montouto Sound machine" exiliad na meseta por motivos laborais ´é o impulsor diste gran Abertop de Billarda que suporá o bautismo de sangue nun espazo mítico como é Sabucedo . Se estás farto da lamentábel dimensión circense e mercantil da actual Rapas das Bestas iste sábado apartires das 18 h. no Campo do Medio de Sabucedo tes unha cita coa LNB para abrazar á auténtica dimensión da Rapa na súa brutal esencia toda ...e moito ollo porque dependendo como déa o aberto podes saír esquialdo e amencer pola mañá coa marca do ferro quente nalgunha parte do teu corpo. Contacto >> 665.602142
E donde as bestas bravas van atopar o seu espazo vai ser na incendiario e impredecíbel bautismo de sangue billardeiro en Begonde, as autoridades locais diste concello Lugués non se imaxina nen de lonxe o que iste sábado pola tarlle lles ven enriba, co foco enfocando ó esceario do festival 27373 as verdadeiras ostilidades indixenistas producirantes un pouco antes , cando apartires das 17 h. o Aberto de Billarda Carnelao bote a andar coordiando por dous dos activistas LNB con maior perigo en cada un dos seus disparos . Tonho Randeeira e Serxio serán os Batman e Robin que dirixan isa carroceta sen freos polo Castiñeiro Milenario. Contacto: 687.055065
E simultaneo ás accions lóstrego polo norte e polo centro o sul tamén acende a chama billardeira , no Salnés o sábado será en Dena no Aberto dos Pasales apartires das 17 h...
e ó día seguinte na franxa horaria e xeográfica das Rías Baixas , o domingo , coma gran guinda ó pastel da find. nun dos epicentros da Conf. Sur . Bueu, celebrarase apartires das 17 h. un de seguro multitudiario Aberto coordiando polo referenciais Corredoiras - Contra a canícula do imperialismo...música galega , carnelao, indixenismo e billarda!!
7 Comments:
At 10:18 PM, Anônimo said…
o da conferencia do Rodiño vegano está escrito en castelán "organiza Y colabora". xa se van sacando a careta
At 10:29 PM, Anônimo said…
Vemos que a influencia fascista de algún dos membros de conferencia riasbaixas xa chegou ate os cartazes. Agora fanos en español. HABLEN BIEN, NO SEAN BÁBAROS.
At 11:31 PM, Anônimo said…
¿De que vai este?
¿Ten coñecemento do galego?
At 11:39 PM, Anônimo said…
O veganismo vai contranatura!
At 5:30 PM, Anônimo said…
- organiza y colabora - esto xa é o colmo!
At 9:21 PM, Anônimo said…
ainda tes moito que aprender para criticar o que non sabes... vai estudando
At 10:57 PM, Anônimo said…
o veganismo non se estuda, exterminase
Postar um comentário
<< Home