O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 05, 2013

OURENSE ...A CALMA TENSA ANTESALA DO GRAN ESTOURIDO BILLARDEIRO!!

















A antesala da tempestade sempre é a calma , isa calma tensa desacougante e tenebrosa que fai que todos os músculos do noso corpo se tensen na espera do desenrolo fatal dos acontecementos. Isto é o que está a aconteces istas días no univeroso ourense , isa espazo da terra okupado temporalmente polos dous homes mais ricos do mundo cuxas xentes de ben se preparan para iste vindeiro Martes 13 en Castro Caldelas consumar a brutal canfurnada pola soberanía desportiva e alimentar. Martes nen te cases nen te embarques , mais si é un bo día para coller o palán e afiar os dentes para unha boa paparota na que as berzas e a leiruta serán só un pesadelo transitorio. Na esplanada do restaurante Quiroga é a quedada para apartires das 20 h.as billardas da LNB comecen a bruar na procura do varal e os palanadores e palanadoras faigan sitio para a iso das 22 h. sentarse fronte ó prato para desfrutar dunha gran cea Carnelao . Todo iste brutal condimento condensado nun alebrestrado cartaz anunciador fai que por primira vez na história emerxa nun contexto billardeiro a figura dise ser homnipresente na provincia , a Deputacion Provincial de Ourense ... benvidos e moitas grazas por iste grsndísimo apoio á liberacion desportiva e alimentar!!

















Ourense . é case coma os Estados Unidos no contexto futbolístico , durante a tempada non dan sinais de vida pero no verán todas as equipas van para aló na procura do son das moedas ou do cheiro dos billetes , así sen sairmos do marco da deputacion ourensá ,  no concello de Allaríz , célebre polo boi e polos tan nefastos dirixentes deu a iste país , o sábado 17 de agosto terá lugar unha edicion máis do seu compionato local de billarda , unha boa ocasion para coñecer a súa normativa e xeito de expresion billardeira , iso si , se gostas de madrugar ou de non deitarte xa que a hora anunciada para o inicio das ostilidades é as 9 h. da mañá para a categoría senior e as 11 h para infantil e xuvenil. Dirixíndote ó concello de Allariz podes recibir toda a info necesaria para paricipares niste torneo.

















E no extremo sul , nas terras de Al Anadalus iste sábado celebrouse o agardadísimo Trofeo Carranza de Billarda organizado pola Conferenai Andalucía , no seu referencial web-blog xa anunciarion o pódium que sitou a Toñito no máis alto , seguido de Sito e Tuco . Estamos á espera no seu espazo facebook de ver algunha imaxes de tan imortante evento antesala dos preparativos da súa tempada regular que ista edicion agardan susperar o mínimo dos 6 Abertos puntuábeis , núemero co cal unha conferencia pode enviar os seus clasificados ó Play Off Nacional....Non imos parar ate xogar en todas partes!!

1 Comments:

  • At 2:28 AM, Anonymous Anônimo said…

    que estupidez é esa de separar por idades? veganos fora

     

Postar um comentário

<< Home