NON NOS MIRES ÚNETE , 6 ABERTOS UNHA CONFERENCIA ...AUTO-ORGANIZA A TÚA RESPOSTA BILLARDEIRA!!
Estanse ultimando os procesos de competicion regular nas diferentes conferencias xa formadas na LNB e naturalmente nistas datas por mor da frenética activiade billardeira nos diferentes puntos do país durante todo o ano pero con mais intensidade se cabe nistes meses de verán, surxe a necesidade de establecer uns baremos mínimos coherentes que non freen senón que ó contrário incendien aínda máis as gañas dos centos palanadores e palanadoras que nos diferentes puntos do páis desexan unirse á gran serpe multicor da LNB dun xeito regular para ser partícipes tamén dista gran revolucion autoxestinada en marcha. É por elo que do senso común surxe a mais que necesaria cifra dos 6 Abertos puntuábeis para que unha conferencia poida considerarse coma tal e poida á súa vez competir nos Play Off Nacionais do ultimo fin de semana de Maio .
Un número e unha idea que xa está no maxín dos activistas da Conferencia Ourense que xa teñen pechada case unha tempada regular con pistoletaxo de saída en Allariz o 28 de setembro no Aberto das Olimpiadas Populares e o 12 de Outubro en Montederramo no marco da festa da Carne. Son a Conf. Ourense ( que artella tamén actuar nas terras do sul lugues ) e a referencial Conf. Andalucía as que máis firme están traballando para que a Manzanilla e o Caña Branca estexan nas mesas do Play Off Nacional...mais non as únicas a Bergantinhos continúa o seu proceso de formulación e sabemos de mais puntos en fermentacion no páis adiante para dar o paso ó fronte..Non nos miredes , autorganiza túa resposta billardeira , 6 Abertos Unha Conferencia!!
4 Comments:
At 2:19 AM, Anônimo said…
e mínimo de participantes non? estase indo das mans o de Andalucía. e non teño nada contra deles.. pero, que será o seguinte?
At 10:23 AM, Anônimo said…
E a xente poderá xogar en todas e puntuar en todas ou so na que decida de principio? Xa que é unha alteración das conferencias o que pasou ata agora.
At 8:32 PM, Anônimo said…
Coido que se está a preparar outra xuntanza para establecer definitivamente as normas a seguir.
Nembargantes o de participar en varia conferencias penso que xa está arranxado. Poderase participar en todas pero clasificarse só na que cada quen decida denantes do comezo da tempada, tanto por equipos como de xeito individual.
At 11:06 PM, Anônimo said…
Pois se se está a preparar outra xuntanza espero que se publique previamente onde vai ser e cando. grazas
Postar um comentário
<< Home