O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 26, 2013

DENDE O INCIO... TERRA E BILLARDA BRAVA PARA TRONZAR O UNIVERSO ENTEIRO!!

















Cando as olladas falan... sobra todo o resto. Poucas veces as facianas alumean máis ca os focos dun esceario , un esceario o do Incio,  que antes do festival acolleu a espectacular entrega de premios , feixadas de emocions incontrolábeis ante sen dúbida , unha das accions historicas da LNB dirixia e perpetrada polo conciserado xa coma "O´PADRINHO DA BILHARDA" , Tonho Randeeira apoiado dende varias conferencias por referenciais activistas LNB coma Ismael Outeiro, Luis Pirucha e Luis Camiña foi quen de armar un brutal suceso de impredecíbeis concecuencias polas terras virxes do sul lugués e non só iso xa que o día antes a unhas ducias de Km. Randeeria debutaba en Anguieiros coma Anti-Conferenciante LNB, un estalo que de seguro se espallará por todos os centos anti-socias do país adiante.

















Un aberto o Terra Brava do Incio que fixo resurxir coa forza dun boi ferido a filosofía que anos atrás impulsou o nacemento da LNB , o faino ti mesmo e donde tod@s somos protagonistas e antagonistas dunha mesma revolución en marcha. Espectacular o crónico de Ismael Outeiro , o palanador de Outeiro agarrou o palán no Incio e non o pensa ceibar ate a media noite do vindeiro venres cando despois do Aberto nocturno dos toxos  na Pastoriza agarre a Gadaña para exercer de Gadanheiro LNB  no arrinque da incendiaria intervención sonora do grupo de  Resistentes Galegos chamados Ex-Tension Agraria. Mentras podes ir facendo boca con iste gran micro-crónico do palanador de Carabullo do Aberto Terra Brava do Incio:

Aquí están os tres primeiros clasificados no I Aberto Terra Brava do Incio.


3º. Rami. Dende Monforte, agasallado ademáis con uns paláns e unhas billarda doadas por Luis Pirucha e Ismael. Unha auténtica revelación e revolución no Incio.

2º. Luís Pirucha. Primeiro durante toda a final, ata o último golpe. O mellor compañeiro de organización de abertos caóticos que pode haber no mundo.

Campión. Luis Alfonso Camiña Otero. O fotografo oficial da LNB compartiu premio con Cheli, primeira clasificada das donas. Ademáis un detallazo compartir parte do premio (unha botella de viño Terra Brava) con nos.
A organización do festival portouse xenial con todos os participantes e xa anunciou sobre o escenario o II Aberto Terra Brava para o ano que ben. A LNB está empezando a xermolar polo sur de Lugo.
















E un días antes dise tsunami de bravura do Incio , moi preto de Pontevedra , no concello de Poio celebrávase un novo Aberto da xeira de verán dos activista do sul , espectacular imaxe dun talonador LNB xogandose a vida na competicion cun disparo a paus que serve para homenaxear a Mandela . Ogallá que Abertos coma do Poio e desportos coma a billarda coma o rugby na irmá sudáfrica , sirvan para que tamén na Galiza remate o brutal apartheid anti-galego que latexante existe e nos golpexa a cada paso nista nosa puta sociedade anti-indíxexa.






Simultaneamente a Poio , o Coroceiro Nacional , continuaba a súa posta a punto para defensa do título e facíao elexíndo para elo as bravas terras do ferro da Pontenova ,  no marco do festival das Minas celebroutse un novo Aberto de Billarda que desembocou nun pódium presidido por Daniel-Coroceiro Nacional , seguido que Luis Pirucha que quentada a boneca para os terroríficos relatos disa noite a os varados do día seguinte no Incio e no terceiro andar situouse Noé , o bravo palanador da equipa Local da Troitas Bravas . Ámbolos tres roían para a prensa internacional ledos e felices cadanseu  trofeo , un feito que de seguro non poderán repetir no Aberto Nocturno dos Toxos diste vindeiro venres na Taberna-Bar O Cruceiroda Pastoriza  se non queren rematar ensanguentados camiño de urxencias...Billarda Sempre , alegre a combativa!!