O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 23, 2013

AS ALGARADAS BRAVÚS IMPUSAN UNHA NOVA FIND. DE INFARTO BILLARDEIRO!!


















A voráxime dunha nova find. billardeira arrinca na cabina de Dj do Pub Rockuncho de Ribadeo donde Lucas Gz, o gran palanador dos Remourelle Bulls e activista LNB protagoniza unha gran revisió
n sonora que vai dende os inicios dos 90 co estourido bravú ate a máis raibosa actualidade da música galega  nos nosos días. Nunha man o palán e noutra o vinilo , cd. mp3 ou cubata para liberarnos dunha puta vez do xugo sonoro.colonial que ate istas alturas do século 21 segue a sacudir os nosos ouvidos, a cita aparitres das 00:30 horas, ide preparados para a chuvia de ritmos sincopados e ösos de churrasco..






















E sen deitarte incluso a tan só un par de dúcias de km. do Rockuncho podes a iso das 15 h, do sábado desfrutar na Pontenova dunha nova edición do Aberto de Billarda do Festival das Minas coordiando pola referencial equipa das Troitas Bravas. E se segues con morriña bravú dende logo que debes quedarte ate a noite que será cando entre os grupos que invadan o esceario estarán os resucitados Caimán do Río Tea, impresonante elección dos programadores diste festival que apostan por pasear zombis polo esceario rexeitando o rock indinista do século 21 cuxo zulo está a tan só uns kilómetros da pista de xogo....Billarda Sempre e ogallá que á lavadora non lle revente a resistencia!!


















E un dos puntos que dende iste sábado van estar marcados tamén a ferro quente no mapa da LNB vai ser a poderosa parroquia de Angueiros no concello de Quiroga que organizar unha espectacular Merenda Concerto con Bolos celtas e Billarda que vai contar unha guinda indixenista que vai eclipsar todos o resto de activiades que se produzan a isa hora e a máis de 1000km . á redonda. Falamos do incendiario debú do Anti-Conferenciante da LNB Tonho Randeeira que vai impartir antes do incio do Aberto de Angueiros unha espectacular master-class billardeira sobre o inicio, presente e futuro da LNB. E de seguro que isto non vai quedar en Angueiros senón que as Master Class LNB de Tonho Randeeira amiazan con espallarse por bares , centros sociais , centros de ensino ou penitenciarios do país enteiro   -Anti-conferencianteLNB: 687.055065




















E tirando máis para o sul moi preto de Pontevedra no concello de Poio apartires das 17:30 h. vaise desputar un novo Aberto de Verán , mellor vestir a espectacular liña de camisetas que Ex-Tension Agraria que as chaquetas de lá que os miserábeis dos Heredeiros da Crus sacarán a relucir iste mesmo sábado no concerto de Culleredo en compaña dos referencias Padriños do Rock Galego....


E para rematar a find. nada mellor que iste domingo se aínda che queda alento tirarse cara O Incio donde o festival Terra Brava dispara unha nova entrega cun espectacular cartaz e cun Aberto previo de Billarda coordiando por tres dos pilares básicos do rexurdir indixenista na Galiza , na Billarda e nas Artes. Tonho Randeeira , Ismael Outeiro e Luis Pirucha estarán alí co palán e a ollada firme e rexa apostando por un futuro vermello e billardeiro no sur lugués . A cita apartires das 18:30 h!!

2 Comments:

  • At 7:51 PM, Anonymous Anônimo said…

    E mentras Otero a comer leitugas.

     
  • At 1:37 PM, Anonymous Anônimo said…

    Heredeiros panda de ratas. Gora ETA (Ex-Tensión Agraria). Gora padriños.

     

Postar um comentário

<< Home