O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 30, 2013

A TERRA CHA E AS TERRAS DO BIERZO DESPIDEN AGOSTO DESAFIANDO AS TREBAS CO PALÁN E AS BILLARDAS NO AR!!




















A LNB dende a súa creacion foi un dos fachos fundamentais para alumear e esnaquizar a longa noite de pedra do entremado socio-deportivo galego que dende o poder se tentou instaurar na conciencia colectiva diste noso país en chamas , así se recolle no espectacular artigo dos irmáns de Pro-oficialidade que maxistralemente repasan a histórica diste noso gran proxecto colectivo que entorno ó deporte da billarda vertebra un entremado de accións e intervencions contra-cultual que fai tremer o esterco nos despachos dos estamentos oficiais. E ise desafío continuo e constante ás trebas e á escuridade será o que ista noite pecha de venres na Pastoriza presida a experiencia brutal do Abertinho dos Toxos na Taberna-Bar O Cruceiro . Coordinado polo indomábel Clube de Anti-fans de Ex-tension Agraria a iso das 23 h. dará arrinque iste Abertinho Nocturno que abrirá o ceo e as mentes dos participantes e asistentes antes do incio da intervencion sonora da banda indixenista cuxo arrinque estará marcado pola litura do incendiario Manifesto Indoxenista por Tonho Randeeira.

















E tan só unha horas depois e unha ducia de KM. ó norte do Cruceiro da Pastoriza en Meira celebrarase unha nova edicion das Olimpiadas Rurais donde a billarda de novo cun Aberto apartires das 16-30 h. no parque da vila será un dos pilares básicos diste desafío á podredume monumental que se cociña en Madrid de cara ó 2020.


































E simultáneo ó Aberto Anti-olimpico de Meira nas terras do Bierzo iste sábado apartires das 17 h. realizarase o tan desaxado Torneo de Billarda por equipas , será no recinto feiral das Dehesas de Ponferrada donde a LNB ten unha nova cita coa história... porque un outro deporto é posíbel!!