O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 23, 2013

OS IMPREDECÍBEIS "KOMANDOS CARNELAO DA LNB" LISTOS PARA ACTUAR NOS ACTOS DO DÍA DA PATRIA EN COMPOSTELA!!

















Impresionante acción do famento e indomábel Komando-Carnealo da LNB no festival Revenidas que dun xeito absolutamente salvaxe e arrebatador decidiron facer visíbel os dous grandes conflictos que sustentan a nosa identidade nacional : a loita sen mantel pola soberanía desportiva e alimentar!! . Nun xesto que non deixa lugar a dúbidas o Komando-Carnelao depois de despachar as sardiñas no xantar popular do referencial festival de Vilagarcía utilizou o propio matel lixado con aceite para fotografarse nun improvisado Fotokol que racha coma o realizado no Anho da LNB , con todo tipo de directrices estigmatizadas ou prefabricadas...


















Unhas sardiñas no corpo que impulsadas pola carraxe o e o bravo viño do país fixeron voar os corpos e con el a espectacular bandeira da LNB ó esceario principal do Revenidas durante a implacábel actuacion dos referenciais Zenzär que tiveron en primeira fila ós siareir@s LNB desfrutando do seu directo e tan só unha horas máis tarde tiveron no festival da Chaira na Pastoriza foron recibidos polos activistas da LNB desputando o Aberto do Xabarín no que curuisamente venceu o anti-escritor Luis Pirucha que a istas horas busca un refuxo para o animal a salvo das tixolas e coitelos dos comandos carnelaos.




















Iste día Patria de novo a Alameda de Compostela será un fervedoiro coa instalacion dende as 11:30 h .do explosivo SetLNB donde se realizará unha sesión de lanzamento de varados á diana mentras para apresentar o Aberto Zoqueiro do día da Patria que se desputará no parque de Belvís ás 17 h....para que se respecte GZ coma pobo , iste xoves colle a túa bandeira e o teu palán para encher Compostela de estrelas , costelas e billardas , #faitedaLNB!!

3 Comments:

Postar um comentário

<< Home