O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 05, 2013

INTERPARROQUIAL_2013 .... RIBADEO ULE A AÑO E BUEU A CACHIZA-BRAVÚ!!


























Todo o universo billardeiro ista find. se impregna do poderoso cheito a Año  , un Año que ista edición 2013 estrea esceario e que unha vez máis desafía as climatoloxía sexa a que sexa para no espectacular céspede do campo da Vía de Ribadeo apartires das 11:30 h. diste sábado coller os paláns e surfeando nas cunetas da carraxe arrincar co brutal Desafío do Interperroquial 2013.













E polo serán despois do xantar de irmandade e desputarase a final do torneo que contará cun convidado dises que rachan moldes e non deixan indiferente a naide por donde pasan, Oscar García o surfer e atleta extremo que ven de rematar o seu espectacular reto de arrodear a costa galega nunha táboa de paddle-surf , estará realizando o saque de honra na explova final que decidirá para donde vai o tan desado Año da LNB.



















Xa o adiantaron os irmans de Carnelao na súa referencial guía de fin de semana para comedores inquedos , simultáneo á loita polo Año en Pol donde se xesta a incorporacion dunha equipa á LNB , celebrarase a I xornada de degustacion do Cabrito e Año do país, alí estarán varios dos palanadores e palanadoras da LNB espallando a idea para analizar a posibilidade de que en vindeiras edicions do Torneo Interparroquial poida ter lugar coincidindo con ista festa nisas bravas terras da Chaira Luguesa...Añ@s e Peric@s Sempre. Adiante co Varal!!




















E o domingo no hemisferio sur a iso das 17:30 horas na área de lecer de Chans nova accion Cachiza dos atléticos activista de Corredoiras en Bueu que para iste gran evento billardeiro contarán coa colaboracion da xunta de Montes Veciñais da parroquia de Cela. O sábado a polo Año e o domingo botarse ó Monte...Cachiza Sempre , Adiante co Varal!!