O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 07, 2013

"BILLARDEIROS MUSICAIS" REBENTAN UNHA VEZ MÁIS OS "SOÑOS DE AÑO" DO RESTO DAS EQUIPAS NO INTERPARROQUIAL_2013!!



















Arrincaba o Interperroquial_2013 e facíao cunha espectacular Perfomance billardeira na que o seleccionador nacional Flores , transladaba á realidade a brutal creación pictórica que Muriego , o referenciual palanador dos Bulls , puña a circular uns días antes . "Soños de Año" foi a impactante cadro hiper-realista coa que Muriego deixou pegada no subconsciente colectivo e "Soños de Año no Campo da Vía" foi a intervencion artistica coa que Flores quixo deixar a súa impronte niste nova eicion do mítico torneo de equipas da Conferencia Mae.  


















Névoa , bochorno cun abafante calor e humidade extrema foron os xinetes que acompañaron a cabalgada do Año da LNB e dos palanadores e palanadoras das catro as poderoras equipas parroquiais participantes : "Remourelle" - "Bretonha" - Vliselán Compromiso#LNB - "Ribadeo B.Musicais"









Ista edición por desgraza os irmás de Asturies non puideron estar loitando polo Año , mais estiveron presentes na explosiva espicha dirixida polo cantante de Ex-Tension Agraria e palanador de Bretonha antes do xantar no restaurante da Santa Cruz.


















Unha irmandade a de Sidra e Licor Café que sempre se produce co Año e coa Copa Cantábrica de por medio. E naturalmente ista edición non ía ser menos, os chupiños do mouro licor marcaron o inicio das quendas do serán donde como se explifica perfectamente nista imaxe de fraternidade entre equipas , a caixa de sidra xa estaba lista e dispostas para atoparse co Año no terreo de xogo.



















Se dúbida mención moi especial para o retorno á alta competicion do mítico palanador dos Billardeiro Musicias , Julio , que está afrontando un longo proceso de recupereción por mor dun problema no xeonllo
estivo desfrutando e compartindo espacio de novo con toda a tribo que o botaba moitísimo de menos.


















A sofocante calor fixo que a Espicha Billardeira tivera un exito total ate o extremo de baixar toda a caixa de botellas , Rodrigo recolleu o testigo que o gran palanador de Piarnu "Hevia" lle deixou a edicion anterior e atencion porque os irmans do Liriu iste domingo en Piedras Blancas celebraban un Abiertu accion na que aproveitan para ultimar a preparacion da súa selección nacional de cara á defensa da Copa Cantábrica , unha loita que promete ser encarnizada e para a que a Auténtica prapara incluso os seus propios escanciadores ante o ruxe ruxe que se comentaba que en Xixón Asturies no botaba droga en cada culín...



















E se temos que falar de nomes propios niste Interparroquial_2013 non podemos pasar por algo a gran sensacion caribeña do torneo , Michael Matos , o músico , vitillista e palanador Dominicano rendíu a un altísimo nivel nas filas de Vilaselán-Compromiso#LNB , foi tal o impacto de cada un dos seus golpexos que ate os directivos de Billardeiros Musicais se dirixiron ó seu axente para consultar as posibilidades do seu fichaxe , unha fichaxe imposíbel xa que Michael é xunto con Mely, Luis e Jorge as apostas brutais da equipa decana da LNB cara á vindeira tempada.



















E sobre o terreo de xogo todo ía segundo a que se prevía nun principio , o Año pacía e os Billardeiros Musicais barrían na pista pese a que no primieiro reconto das seiries da mañá Remourelle se situaban en primeiro posto, non foi máis ca un espelismo xa que a regularidade da equipa Ribadense fixo inutil as estirados de todos os seus ribais.


















Atención ás rede anti-social do Varal porque alí se mostrarás as espectacuclares imaxes do primeiro FotokoL Billardeiro que promete rachar moldes un collage de sensacións bañada polo brisa da liberdade de expresión . Por desgraza e por motivos que aínda non coñecemos , Oscar García , o surfista de Desafío Galicia non estivo a pé de pista realizando o saque de honra como nos prometera de seguro que na súa travesía tivo que loitar contra moitas olas pero nengunha co poder e altura de miras da gran "selección parroquial de Bretonha" que contou coa incoracion do palanador indixenista de XiberBillarda para lograr o trofeo á dignidade , á implicacion e o compromiso absoluto co revolucion billarda chamado Culler de Pau do Interparroquial_2013.  



















Foi unha loita fraticia no terreo de xogo , Luis , a nova incorporacion da EkipA Bítere batíase nun duelo a morte contra o Coroceiro Nacional, Daniel de BM;  ó cal nunca venceu nunha carreira oficial , o máximo ó que Luis puido chegar foi un empate , mais Daniel non estab disposto a que iso acontecese e deixou a Luis unha vez máis coa mel preto do Varal derrotandoo nunha das derradeira carreiras do Interparroquial_2013 e de paso sumando carreira para conquistar o espectacular lote de productor "El Viejo Pescador" co que ista conserveira tradicional de Tapia premiou ó palanador con máis carreiras gañadas.



















Os Ribadeo-Billardeiro Musicais con iste suman outro Año á seu espectacular palamarés parroquial e o que é mais importante para eles , demostran un poderío fóra de toda dúbida nun terreo ademáis tan complicado como é a herba, a gran dúbida que sobresalata é se os actuais campións nacionais por equipas " Furabolos" do Pino serían quen de birlarlles o Año ....



















E coma fin de festa espectacular leccion de Michael sobre o deporte irmáns que se xoga nas rúas da República Dominicana chamado "Vitilla" , ó final do torneo realizouse o histórico primeiro clinic de Vitilla-Billarda no que ambas disciplinas se funden nunha alebrestrade disciplina que se dá en chamar "Vitillarda" e que de seguro que impulsará en vindeiras accions billardeira a irmandade coa comunicade domincana...Año Sempre, Adiante co Varal!!

2 Comments:

  • At 7:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    E Otero qué!

     
  • At 11:39 AM, Anonymous Anônimo said…

    Otero vegano

     

Postar um comentário

<< Home