O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 26, 2013

BILLARDA SEMPRE..TOD@S SOMOS OS VECIÑ@S DE ANGROIS!!



















O parque de Belvís é o sitio donde o Aberto do día da Patria ten o seu espazo natural , alí naceu  e alí tiña o sitio marcado para iste tráxico día da Patria celebrar a súa multitudiaria e agardadísma edición 2013 , en solidaridade coas vítimas do traxico suceso a LNB acudíu puntual á cita para combarter en solidaridade e irmandade cos palanadores e palanadoras que alí argardaban para erguer o facho de espranza billardeira.






















Non foi só no Parque de Belvís donde se realizaron Varados solidarios cos afectados pola traxedia , foron moitos os puntos no país donde as billardas iste tráxico día da Patria saíron tamén ó ar para combater a inmesa dor dun pobo enloitado.



















O concello de Compostela xa denegara o permiso para xogar na pista de herba sintética mais a LNB xa tiña o plan "B" estructurado para desenrolar o Aberto Zoqueiro nun espazo ceibe na explanada.




















Así foi , varados pola dignidade dun pobo enteiro foi a máxima dunha nova edición do Aberto Zoqueiro do día da Matria en Compostela.
















Dende as terras de Bergondo chegou Lois , o que á postre sería o campión diste Aberto do día da Patria , un palanador ó igual que tod@s os que colleron o palán iste tan tráxico día para a Galiza coma xesto referencial á brutal actitude de resposta ante a desolación dos veciños de Angrois...Billlarda Sempre, tod@s somos veciñ@s de Angrois!!