O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 01, 2013

ANDRÉ LÓPEZ, O VENCEDOR DO ABERTO NAS DEHESAS DE PONFERRADA CONVÉRTESE NA PRIMEIRA GRAN ESTRELA DA BILLARDA NO BIERZO!!






















Refregade os ollos porque ista é sen dúbida nengunha unha das imaxes mais potentes de todas cantas se teñen producido na história da LNB , no espectacular marco do recinto feiral das Dehesas en Ponferrada , a  semente enterrada no campod e futbol de Vilapaus brota firme e rexa alimentada por xamóns coma o espectacular exemplar que levou André López, o vencedor niste Aberto que o sitúa coma a primeira mega estrela do deporte da billarda no universo Bierzo.




















Segundo contan as crónicas preto dun cento de persoas  se deron cita nunha abafante tarde de sábado para asistir e desfrutar do primeiro Aberto autoxestinado pola furtura Conferencia Bierzo da LNB. 


















Nes condicións extremas botaron para atrás os palanadores e palanadoras de Ponferrada que sedentos se botaron á pista de xogo desexosos de ter o seu primeiro contacto co deporte da billarda , un xogo que coma a nosa lingua é tamén orixinario disas terras irmáns.



















Máis concentrado que a propia seleccion brasileira na final da Conferederacións, así xogou André López, o vencedor do Aberto das Dehesas que non deixou opcions ós seus inmediatos perseguidores no pódium Victor Morán e Miguel   Álvarez que só poideron ulir de lonxe o óso do espectacular xamón reservado para o dente e  a gloria do gran campión.


















Case medio cento de participante niste primeiro Aberto xestiinado polos activiatas do Bierzo da LNB a cuxa cabeza se sitúa o referencial francotirador de imaxes chamado Copi , que logrou arrodearse dun espectacular e eficiente equipo técnico e comercial de apoio co que estercar de eventos billardeiro o Bierxo todo , a tencion porque iste vindeiro sábada 13 de Xullo moi preto das Dehesas se celebrará o explsoivo Torneo por equipas Master5 do Bierzo no campo de futbol anexo ó estado das Flores do Sil en Ponferrada e xa hai varios comandos dende a Galiza preparando a súa participacion niste histórico estalo...Botelos, Anguías e Viño do Bierzo Sempre, Adiante co Varal!!