O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 03, 2013

UN MILLADOIRO DE PEDRAS , FILLOAS E BILLARDAS!!

















O espectacular milladoiro de pedras en Santa Mariña de Corcoesto realizado iste sábado polos asistentes á accion contra-cultural no que se enmarcou o Aberto de Billarda que polo volume de participantes e o reducido do espazo se converteu nunha lanzadeira brutal de varados .

















Unha acción de achegamento ó deporte nacional que supuxo a primeira experiencia co palán e coa billarda para moitos dos asistentes entre os que se atopa Tonhito de Poi , que antes da súa actuación lanzou cara ó varal a súa billarda contra a mina cunha técnica que sorprendeu ós propios activistas da LNB ...Foi o de Poi xunto con outro palanador de Friol e a gran cantidade de palanadores e palanadores de primeira fornada as grandes sensacions en Corcoesto mentras que Isma,  O Comandante Carabullo, dende Muimenta fala dunha chave atopada no Aberto da Filloa que pode ser clave para abrir a gran maseira de billarda en Ourense>>
Este foi o podio:
3º. Luís de Garabotos. (25 filloas)
2º. Javi de Carabullo. (30 filloas)
1º. Aser, xogador da chave de Ourense. (50 filloas e trofeo)
Tamén quero darlles as grazas a Suso de Remourelle, a Muriego e a Luís (Pirucha) por botarnos unha man para que o aberto saise todo o ben que saiu! Graciñas amigos!
E ollo! que a billarda se abre a Ourense! Esto pode ser un gran paso para a LNB.

















Uns activistas que ó día seguinte estiveron en Compostela na multitudinaria mani contra a mina de Corcoesto na que por desgraza tiveron que soportar a infame actitude dun dos lamentábeis aborixes da moqueta.

1 Comments:

  • At 10:13 AM, Anonymous Anônimo said…

    Momentos de gran tension hoxe na manifestacion en contra da mina de corcoesto. Un rapaz dunha das aldeas afectadas polo proxecto mineiro achegouse a cabeceira da pancarta do BNG para recriminarlles que se puxesen diante de colectivos que convocaron a manifestacion. Bieito lobeira achegouse violentamente a este rapaz e cun tono moi agresivo berroulle que se a eles non os deu calado franco que el tampouco os ia a calar. Tras un rifi rafe e intercambio de palabras o rapaz marchou para que o enfrontamento verbal non fose a mais.

     

Postar um comentário

<< Home