O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 04, 2013

"TARONGES" A MÁXIA LARANXA DOS NOVOS CAMPIÓNS NACIONAIS CATALÁNS ECLIPSA A PRESENTACIÓN MUNDIAL DE NEYMAR!!


A chegada e presentación mundial do Neymar Jr coma novo xogador do Barça quedou totalmente eclipsada nos Paisos Cataláns e nos territorios de influencia Bélit entre o que naturalemente se inclue a Galiza, polo espectacular manto laranxa , a cor que identifica á gran equipa que iste domdingo se proclamou campiona nacional catalá ó imporse na 9º edicion do mírico e referencial Campionat del Món de Bélit  

Mentrás os médios imbéciles e escuros se apilaban na sala de prensa do FCB para captar as primeiras verbas do ex xogador do Santos , no resto do mundo ceibe e alleo á colonizacion do opoio do pobo, pernamecemos cos fuciños pegados contra as pantallas do web oficial do Campionat del Món famentos de coñecer o crónico e as imaxes que nos amosen a ledicia inmensa da victoria laranxa de TARONGES . Felecidades e noraboa para os novos campións nacionais dos Paisos Cataláns e para toda a xente do Bélit que para o vindeiro ano chegarán á décima edición do Campionat del Mon de Bélit , quizais unha ocasión perfecta para que a LNB estude dar o paso ó fronte para celebrar o décimo aniversario competindo cunha equipa na gran competicion catalá e porque non soñar tamén con isa Copa-Butifarra Taronges-Furabolos campións nacionais cataláns e galegos fronte a fronte nun partido a prol da futura champions e pola recoñecemento oficial do noso deporte e das nosas seleccions nacionais...Bélit Sempre , Adiante Taronges!!