O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 02, 2013

SERXIO DA FAISCA REIVINDICA EN MARIN O PODER ANTI-MINA DA CONFÊRENCIA BERGANTINHOS!!

















O viño non é auga ...porque grazas ó máxico brevaxe inxerio fai tan só un par de semanas pola serpe multicor da LNB nos furanchos de Xil os acontecementos comezan a dispararse grazas en gran medida á desorbitada accion do subcomenade Serxio , que se contra.todo pronóstico nunha alucinante operacion lóstrego dirixíu a poderosa accion da posta en marcha da semente anti-mina da polémica Conferência Bergantinhos iste 1 de maio deu un novo xiro na súa meteriótica carreira billardeira acadando en Marín a espectacular victoria no explosivo Aberto puntuábel para a Conf. Sur.


















A poderosa Conf. Sur sáe do seu letargo nun espectacular contexto donde a festa  e a billarda se funden de novo como   sempre aconteceu e donde Radio Cabalinho voltou ás ondas para incendiar ó publico incitando á xente a bailar e lanzarlle billardas á orquestra Olimpus .

Un cabalo desbocado o da Conf. Sur cuxo salvaxe trote xa se sinte dirixíndose rumbo ó campo de futbol de  Marrozos en Compostela donde se celebrará a nova edicon do Play Off Nacional da LNB. 


Un Aberto o de Marín que deixou no máis alto ó gran Serxio da Faisca seguido de Camiña e Fariña e que supuxo ademàis o retorno de Rubén Otero, o actual Coroceiro Nacional ás pistas disposto a defender o seu título con uñas e dentes e converterse no primeiro tricoroceiro nacional da história , precisamente a súa presenza tamén coma árbitro fixo que a victoria do seu compañeiro de equipa Serxio se tinguira cun alo de  polémica unha cor e un calificativo que de seguro perseguirá ate a eternidade ó gran campión aborixe de Carballo.




Por se hai dúbidadas ou icredulidade ante a gran azaña de Serxio en Marín aquí está a acta oficial do Aberto que o certifica , e atencion porque a Conf.  Sur xa ultima o seu spring final cara Marrozos!!

3 Comments:

  • At 2:23 PM, Anonymous Anônimo said…

    En vez de mirar para a cámara está a mirar para o trofeo. A saber o que está a pensar e onde o quere meter. Quen é esa xente das fotos? seguro que é a conferencia sur? non coñezo a ninguén.

     
  • At 6:42 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que raro, Otero detrás de 3 nenas pequenas na foto de grupo. O apalpador

     
  • At 8:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Gelín! Gelín! Gelín!

     

Postar um comentário

<< Home