O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 09, 2013

ISTE DOMINGO O "BOTANIC GARDENS DE BELFAST" ACOLLE O HISTÓRICO I ABERTO INTERNACIONAL DE BILLARDA EIRE-GALIZA!!















A vértixe dos acontecemento fai que serpe multicor esperte cada dia exaltada por un novo reto cada vez máis desafiante. Fai unha semana desfrutábamos coa gran emoción compartida da primeira histórica accion en chan galego-portugués hoxe podemos erguer de novo a cabeza orgullos@s porque a LNB irrompe por vez primeira en Eire , non de turismo senón para unir forzas e compartir varados cos irmáns da Irlanda do Norte no que será o I Aberto de Billarda na cidade de Belfast. Iste domingo despois da accion da Conf. RíasBaixas en Poio o Botanic Gardens de Belfast acollerá a unha nova histórica intervención da LNB xestionada por palanadores e palanadoras de Carabullo-Muimenta representando á Auténtica niste novo desafío internacional de consecuencias impredecíbeis. Atentos á pantallas porque vai ser a ostia!!





Sen dúbida as Freces , ise magnífico alimento autóctono e intransferíbel que impulsou ás billardas no seu fantástico retorno da LNB ó seu berce natural de Bretoña, son o segredo da forza e enerxía coa que a billarda sementa de victoria e paixón  cada un dos seus movementos. Freces e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

3 Comments:

  • At 2:29 PM, Anonymous Anônimo said…

    A que hora e? Estou en Belfast e gustariame achegarme por ai.

     
  • At 2:27 AM, Anonymous Anônimo said…

    Será o domingo pola tarde. Para poñerte en contacto con nos podes buscarnos no Facebook por Carabullo Asociación Cultural e Xuvenil Muimenta.
    Contamos contigo para representar á selección galega!
    Unha aperta!
    Ismael.

     
  • At 11:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Graciñas!

     

Postar um comentário

<< Home