O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 19, 2013

TAZAS NO UMIA QUE ALIMENTAN OS POSÍBEIS VARADOS NAS EXTREMAS E DURAS TERRAS DO "VAL DE ELLAS"!!
















Sabido e empiricamente demostrado ultimente está que que a auga estraga os camiños , é por elo que os membros do referencial equipa CASELLEDIN artellan para a celebracion do próimo aberto na Conf. RíasBaixas un podersoso cortalume líquido a inxerir nunha de seguro espectacular quedada nun Furancho de Barrantes para un gran xantar de irmandade antes da enganchada puntuábel nas míticas terras do Umia .

CASELLEDIN ORGANIZA A PRE-COMPETICIÓN DO ABERTO CUN XANTAR NUN FURANCHO DE BARRANTES!!











Unha brutal irrupcion furancheira en Barrantes que será a antesala perfecta para o xa mítico Xerro do Salnés e xira de furanchos en Xil  que xa se alvisca no horizonte e para o que a tribo do NorLeste xa anda alterada quentando os motores da Guagua - Transcribimos a nota oficial sobre a gran quedada furancheira >>  
Como xa sabedes a próxima xornada vaise disputar en Barrantes, e o equipo local, Casilledín, vai facer un xantar pre-competición nun furancho da localidade, a pagar a escote. o prezo será de 12€ persoa, ( nenos gratis ), e o menú constará de calamares, tortilla e churrasco en forma sólida, e líquidos variados, a saber, café, licor-café, caña de herbas e, sobre todo, Tinto Barrantes... Os interesados, apuntarse niste  facebook ou no telf. 637.564377  a ser posible antes do Xoves noite...




Uns varados e unhas tazas de Barrantes que de seguro nun futuro poderán reasoar e beberse en terras do Val de Ellas en Extremadura  donde a nosa lingua e cultura xesiste rexiamente adaptadas a ise paralelo peninsular. E mais agora que o grupo de estudo lingüistico da universiade de Vigo dirixido polo referencial Quique Costas vai levar entre as súas pesquisas a pé de campo o análise da actividade billardeira pasada e actual  nas terras  tamén coñecidas coma do Val de Xálima, un estudo no que se baseará a posíbel futura irrupcion da LNB niste enclave de fala galega na provincia de Cáceres no que podería constituír a Conferencia Ultra-Sur da LNB