"SONHOS DE JAZZ" O ESPECTACULAR CARTAZ REALIZADO POR UN PALANADOR DA LNB PARA O FESTIVAL DE JAZZ DE DONOSTIA!!
A poderosa e indomábel fronte contra-cultural da LNB dispárase intratábel cara diante cunha forza que racha fronteiras adentrándose nas terras da Txirikila con parada xusto fronte á praia de Concha . Se hai un festival de Jazz refeencial non só en europa senón no planeta , ise é o Jazzaldia de Donostia , ó caron do de Montreux é un dos puntos clave para os afeccionados do xánero que polo menos unha vez na vida teñen que estar e para elo nada mellor ca un cartaz tan atrainte coma o que apresentamos en exclusiva mundial realizado polo gran palanador de ExtenSion Billarda Nacho Eiros que despois do pasar as primeiras cribas está a competir na finalísima para ser o cartaz ofiacil da edición 2013 do Jazzaldia. Carteis tan espectaculares coma os das ultimas edicions do Festival da Chaira , os das actuacións da súa banda Ex-Tension Agraria e mentras prepara o que será o gran cartaz do primeiro Aberto das Freces de Bretoña podemos toda a tribo LNB votar coma posesos na páxina do festi para que "Sonhos de Jazz " que se convirta no cartaz oficial dista edición xa ..... se é así garantimos que Nacho incorporá unha seccion no mesmo que anuncie o I Aberto Jazzaldia Txirikila-Billarda !!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgRRcm4PhVSDBZehtBYafVMtb8prlHHQgFfw7HBbIcPCt_LGvFVYvjzL-t0AfPQCtJWVwgBL80Qtql639FoFn_gZOJLR0qR2NiCbdhvWo4NKLeEuwXP_c4KYGdQhBr0fz2SFwKU/s1600/jazz.jpg)
E naturalmente como as billardas son os primos-irmáns dos paxaros e rapiñas non podiamos esquencer a reivindicacion dun discazo dun dos referenctes fundamentais do poderoso cosmos do jazz galego . Falamos do contrabaixista Kin García que artellou o seu ultimo traballo entorno á súa outra paixón paralela ás catro cordas que non é outra que a cetraría ou mundo das aves de rapiña. Unha pàsada absoluta na que cada tema leva o nome dun águia á que Kin García e a súa banda fan a seu retrato sonoro .
Non sabemos se KG Trío van estar no festival de Donostia diste ano , o que si sabemos é que se tocan preto de ti tírate ó local coma unha rapiña se tira ó rato correndo no prado e ogallá que Kin nunha das súas futuras intervencions sonoras se fixe no vóo da estornela na procura do Varal.. Billarda Sempre, Adiante Sonhos de jazz!!
1 Comments:
At 3:53 AM,
Anônimo said…
Quando é o jerro do Salnês?
Postar um comentário
<< Home