LigaNacionaldeBillarda.com >> UN DOMINIO E UNHA IMAXE POSTA A SALVO!!
Iste pasado xoves celebrouse de novo a gala dos premios do deporte galego 2012 , foi en lugo donde os premiados recibiron os seu galardón e a consabida palmadiña dos responsábeis máximos do deporte galego. Mais un aterrador suceso acontecido cando nas pantallas xigantes do pazo da cultura apareceron imaxes de palanadores e palanadoras da LNB fan que lamentemos enormemente a falta de respeto e sensibilidade institucional para utilizar sen permiso nengún a nosa imaxe. Nun país civilizado calquera isto non tería acontecido xa que para emitir isas imaxes teríase pedido falado cos palanadores e palanadoras utilizados nos sports .Un feito iste de define á perfeccción a nosa indefensión total ante a utilizacion e difusion interesada da nosa imaxe , é por elo que dende xa e para a defensa da nosa imaxe coma ente intregral xa está rexistrada marca e dominio "LigaNacionaldeBillarda.com" . Pola dignidade do noso deporte nacional , Billarda Sempre!!
4 Comments:
At 2:21 PM, Tonho Randeeira said…
Sobre a utilización de imaxes da LNB por parte da Xunta
At 2:22 PM, Tonho Randeeira said…
http://moreabaleira.blogspot.com.es/2013/03/sobre-utilizacion-de-imaxes-da-lnb-por.html
At 10:42 PM, Anônimo said…
As imaxes empregadas no acto están tomadas en instalacións públicas?
At 3:08 PM, Tonho Randeeira said…
Si, pero están tomadas por nos. As imaxes son propiedade do seu autor, neste caso a LNB, penso.
Postar um comentário
<< Home