O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 17, 2013

"LACÓN E BILLARDA" , AS VERBAS CLAVE NO DESENROLO DA OPCIÓN DO IDIOMA GALEGO NO XOGO DE APALABRADOS!!



A serpe muticor da LNB arribou iste pasado sábado á cidade das murallas para desputar un novo aberto puntuábel , torneo no que o ano pasado estivo desfrutando canda toda a tribo o gran palanador e activista billardeiro Isaac González , Sak , mais ista find mergullado na boráxie brutal da presentación do Apalabrados en Galego da cal el á fronte da referecial empresa compostelá Cilenis é o máximo responsábel. Niste espectacular video realizado poe CodigoCero Sak fala do paso de xigante que supón ista acción para a lingua galega , un chimpo que arrincou nun xantar no LaconNetwork e que cita incluso o éxito de propostas coma o programa da Galega "cifras e letras" donde moitos palanadores e palanadoras pasaron pola pedra os seus coñecementos linguisticos e matemáticos para explicar o impacto e exitazo que está a ter en tódolos frontes a aplicacion do Apalabrados Galego . Polo procesamento da linguaxe natural e a inxeñería lingüistica e social ... Apalabrados e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!