O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, março 09, 2013

DO ALL STARS CON EX-TENSION Á CAPITOL CON ZËNZAR ..TONHO RANDEEIRA , CONFÍRMASE EN COMPOSTELA COMA O GRAN GURÚ DO INDIXENISMO GALEGO!!

















Caracas e Compostela unidos por unha mesma corda ...na república bolivariana Nicolás Maduro tomaba posesión do seu cargo de presidente e na república indixenista Tonho Randeeira subía ó esceario da Capitol para acompñar ós Zënzar durante a brutal interpretacion do seu tema billardeiro escrito do puño e letra do propio mesías do indixenismo galego e interpretado cos forza dun xabarón ferido polo padriños do rock galego que celebraron nunha grande festa xunto cos Invivo e Machina os seus 25 invernos de loita riba e embaixo dos escearios.

















Tonho Randeeria representou unha vez máis maxistralmente a toda a LNB nun intre e nun contexto clave como foi o da reivindicacion da billarda e o Rock Galego coma entidades culturais cunha forza e empurre de deixou pegada nista histórica noite na que Tonho irropeu na Capitol formando parte dun poderoso Komando LNB formado polo All Stars Ismael Outeiro de Carabullo de Muimenta e Davide Fontán dos Filloas de Sangue da Coruña que todos a unha unha vez máis asolagaron o horizonte de billardas partidas coma patacas cando se selementa unha leira.
















E practicamente sen descanso despois dun venres sen fondo Davide Fontan e o resto de activistas da Conferencia NorOeste vestián a funda da LNB , cascos e botas de seguridade para un domingo máis apartires 11:30 h. da mañá afrontar unha nova xornada puntuábel na pista de Folgueira de Castelo no Concello de Culleredo . Espectacular de novo o cartaz do Aberto que lanza un potentísimo berro ó ar ...IGUALDADE, TRABALLO E BILLARDA SEMPRE!!