O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 10, 2013

BRAIS EN MEIS E MARKITOS EN CULLEREDO PROTAGONIZAN A GRAN FIND. DA REVOLUCIÓN DOS "IOGURÍNS" DA LNB!!
















Arrincaba a find. billardeira con Tonho Randeeira riba do esceario con Zënzar na Capitol chamando á insulxéncia indíxeno-billardeira , un poderoso berro que resoou nas pistas de Meis e Culleredo iste sábado e domingo e que se espalla imparábel en cada golpe da madeira contra a madeira nas pistas da LNB do país enteiro...
















Foi sen dúbida a find .  dos ioguríns como ben ilustra  Luis Camiña no seu gran crónico foto-literario >>  como Chegou a revolución dos biberóns, Brais con 10 anos gañou o aberto da 11ª xornada da Conferencia Rias Baixas, converténdose deste xeito no xogador de menor idade en gañar un aberto oficial da L N B.





A xornada de Brais foi de autentico luxo, quedando 2º de grupo na fase clasificatoria, e desfacéndose nos cruces, de xogadores/as do top tem nas diferentes conferencias.

















En oitavos desfíxose de Andrés, en cuartos apartou a Geni, en semifinais tumbou a Luís Camiña, e na final rematou a Gelín e Fariña, con desempate a billarda máis lonxe, con éste último.

















1º Brais de Corredoiras,  2º Fariña de Corredoiras, 3º Gelín de Gharaboto foi o podium da clasificación absoluta e  1ª Geni de Roteiros, 2ª Lu de Corredoiras, 3ª Begoña de Corredoiras foron as tocadas pola gloria na clasificacion feminina niste novo Aberto da Conf. RíasBaixas.




















E en sesion de mañá iste domingo a Conf. NorOeste limpaba as lagañas a golpe de palán en Culleredo nun Aberto no que de novo os Roteiros acapararon a gloria , ista vez e seguindo a estela marcada polos ioguríns en Meis o día anterios foi o máis novo da SAGA Saavedra quen lle arrebatou ó seu "compañeiro" Daniel o primeiro posto . Dende a conferencia atlantica xa hai movementos para os días de Aberto na NorOeste pechar todas as vías de comunicacions posíbeis entre A Coruña e Ribadeo. E atención porque Lugo preparárase xa para recibir á gran serpe multicor da Norleste iste próximo sabado mais haberá un previo de luxo iste martes ás 17 h. na Alameda ribadense...Billarda Sempre!!