O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 13, 2013

A LNB ABRE DE NOVO O "CASO CAMPI@N" EN LUGO CUN NOVO GRAN ABERTO PUNTUÁBEL ISTE SÁBADO NA PISTA DA PIRINGALLA!!


















Foi Lugo co espectacular Aberto do San Froilán quen acolleu a gran previo antes do inico da tempada regular na Conf. Norleste, os polbos e as billardas copetiron aquela tarde polo protagonismo que sen dúbida  remataron consguindo os palanadores e palanadoras da LNB acadado sobre todo pola impactante conexion coa pista de xogo que fixeran ao vivo as cámadas da galegas cunha intervencion do gran  Joam Bagaria , activista dos referenciais MadiaLeva que xestionaron e xestionarán iste novo gran e agardadísmo Aberto na cidade das Murallas.


















Se a metereoloxía non é excesivamente adversa será a pista de herba artificial da Piringalla donde se viñeron celebrando os anteriores anos donde se desputará o Aberto mais se a cousas se pon fea e en vistas da crudeza extrema distas ultimos días os MadiaLeva xa teñen o Pavillón do IES Anxel Fole ( rúa Angelo Colocci ) que está a escasos metros do campo a ceo aberto preparado para acoller á gran serpe multicor da LNB.


















Son xa un feixazo de edicións do referencial Aberto na cidade das Murallas , desputándose en diferentes pistas ate que nistas ultimas edicions se consolidou o pista da Piringalla como o espazo axeitado e foi en Lugo donde ondeou por primeira vez a bandeira portuguesa ó carón das billarda da LNB , un feito que semella ter efecto bumarang iste días xa que iste xoves ás 20 h. na irmá Radio Universitaria do Minho estrearán no ar luso as cancions do grupo Ex-tension Agraria , porque no esterco nacen as mellores flores - dende Lugo berraremos .... Baixa roxo o Minho,  Adiante o primeiro Aberto LNB na vila de Braga!!