O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 05, 2013

A FESTA DO "MUIMENTA-BILLARDA ALL STARS" ACOLLEU A HISTÓRICA E INCENDIARIA LEITURA DO 1º MANIFESTO INDÍXENA GALEGO!!



Un sexto sentido sáe a frote cando unha acción global e tan brutal coma a diste All Stars 2013 sáe a frote , dende as 12 do mediodía ate ben entrada a madrugada ....os supervivintes do asedio ós Varais na pista de Muimenta reuníronse fronte a un bafo de lume no medio da xélida noite chairega , foi no Bar Saloon de Muimenta donde se fixo leitura do primeiro Manifesto Indíxena Galego , e foi o seu profeta Tonho Randeeira quen do seu puño , letra e gorxa escorregou iste alebrestrado rego de forza para abrir un de novo histórico concerto de Ex-Tension Agraria despois da descarga do quimbumbica dos irmáns e mestres Ulträqäns. Imaxes de extrema dureza , só comparábeis co aforcamento ilegal de Sadam Hussein, son as que ides observas se vos atrevedes a dar ó Play, e ademáis o Manifesto Indixena está subtitulado para que naide perda un ápice da súa contundencia e para que a sua semente comece a florecer nas vosas gorxas...que ardan caixas e bancos, non queremos emigrar, decibelios sonoros cargados de carraxe, xentes da terra cha irmáns da Billarda...viva a República Galega Indíxena!!

Unha accion sonora a do All Stars no que moitos viron as estrelas , unha estrelas que tan só unha horas antes brilaron na pista do Pavillón Municipal de Muimenta nas tres disciplinas en xogo , espectacular o cadro  que amosa os elexid@s polo gloria portadores dos uños , rabos e da xa mítica cachucha do All Stars.  E atencion porque durante o xantar de irmandade se confirmou a presencia no vindeiro Play Off Nacional de representación da que será a primeira conferencia externa da LNB...Nista terra de loita decimos: Non á mina do Seixo , Galiza Non se Vende  , a Terra Cha e a LNB Tampouco!!