O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 17, 2013

A BILLARDA E A FORMULA -1 , DOUS DEPORTES IRMÁNS UNIDOS POLO HOMENAXE Ó COMANDANTE CHÁVEZ!!












Por unha vez a billarda e a formula 1 dan un poderoso paso ó fronte enfundados nunha camisa vermella , agarrados da amn e co puño en alto .  Lugo e Melbourne unidos iste fin de semana unidas polas referenciais escudeirías MadiaLeva e Williams que obraron o milagre de deixaren ós seus palanador@s e piloto expresaren o seu mais fondo sentir polo falecemento do lider bolivariano. Nun acto absolutamente inesparados para moitos e que pode incluso reprantearnos a vision que sobre iste pseudo-deporte ( curiosamente definicion que moitos tamén aplican á billarda) , a accion do piloto venezolano Pastor Maldonado colocando unha espectacular pegatina no seu casco coa mensaxe" Hasta Siempre Comandande CHAVEZ " vai facer coando menos que iste domingo moitos desaxamenos lancemos os nosas billardas cando o seu monoplaza para que acade a victoria nis primeiro premio da tempada.


















As chuvia no circuito de Albert Park e na pista da Piringalla obrigaron tanto a pilotoso coma palanadores e palanadoras a por neumáticos de mollado e refuxiarse na espectacular Pista cuberta do colexio Anxel Fole donde a revolucion bolivariana e o Indixenismo Billardeiro se deron a man para homanaxear á Comandante que definitivamente non vai ser embasamado senón enterrado no seu pobo natal e sobre o seu corpo prantar unha árbore.


















Unha árbore que de seguro sairá firme e rexa coma os varados dos planadores e palanadoras da LNB que iste sábado se deron cita nun dos Abertos máis multitudiarios e intenso de toda a tempada na Norleste.

















Ademaís dos activistas aborixes ate a pista do Anxel Fole se achegaron comandos Gharabotos e Corredoiras do Hemisferio sul galego que non quixeron perder a ocasión de compartir unha nova xornada insequecíbel cos irmáns da Conf. Mae . Un Aberto no que de novo o bulir da fronte artistica da LNB botou lume con proxectos de tal embergadura coa a posíbel posta en marcha daprimeira exposicion itinerante de artistas LNB . Foi tan a intensidade que ate o propio Alfredo Pirucha comezou a preguntar que órgano do seu corpo desexaría a xente que cortase en actitude desafiante ó mesmísimo Van Gogh.

















Mais non só o pulso artistico estivo totalmente acelerado , pro primeira ves na hostória que se saiba , a LNB servíu como plaraforma fianceira e o broker foi como non podía ser doutro xeito o noso seleccionador Nacional Manolo Flores , que aproveitando o Aberto da Tarta de Mondoñedo pegou en varios bares da vila  o cartaz de " Vendese Monte" un aviso que os mesmísimo Ex-tension Agraria lanzaron no seu brutal concerto no Bar Porriño, pois ben , no medio do bruar das billardas en Lugo Flores comunicounos que a venda do Monte se fixo efectiva e o comprador era un veciño de Mondoñedo que recibira a mensaxe pola irrupcion da LNB na vila de Cunqueiro

















Fantástico ambiente en Lugo que fixo posíbel vencer a xélida tarde que nos atrapou na cidade das murallas , unha tarde que se inicaba co extremecedor hastag #billardatimes do gran palanador e productor dos Outros, Eric e vaia se aproveitou o tempo xogando á billarda xa que foi o único plano da tarde polo que se fixo coa espectacular botella de auténtico Ron da República Bolivariana de Venezuela , segundo foi o Italo-Galego Franco que ó contrario do seu país natal el si é capaz de formar governo e en coalicion co seu palán realizou un maxistral aberto que o deixou ás mesmírimas portas do ceo, e terceiro foi o gran Martiño dos Remourlle Bulls que segue a aciñando a gloria que polo momento se lle resiste....MadiaLeva , ate a vistoria sempre!!