"BILLARDA ALL STARS 2013"...LUME INDIXENISTA NOS NOSOS PALÁNS E NAS NOSAS GORXAS ISTE SÁBADO EN MUIMENTA!!
Se fas memoria podes recordar perfectamente e incluso con tenrura cal foi o primeiro disco que mercache , isa cancion que acendeu o teu mais primario impulso cara amar iso que se dá en chamar música popular contemporanea, pois ben , no intre que un grupo coma Ex-Tension Agraria se cruce na túa vida todos ises sentimentos quedarán enterrados con cal viva na máis profunda cuneta do teu ser. Iso foi o que lle aconteceu ás dúcias de persoas que iste pasado 23 F asistirón en Mondoñedo ó concerto que se abríu coa brutal leituta do Manifesto Golpista feito polo guitarrista Alex e escupido con lume pola boca do Profeta do Indixenismo galego Tonho Randeeira.
Iste sábado en Muimenta o banda de Bretoña estará de novo riba do esceario xunto cos irmáns Ulträqäns no que será o primeiro festival de Rock Indixenista galego nun marco tan brutal coma unha nova edicion do sempre incendiario Billarda All Stars coordiando polo irmáns da Asociación Carabullo, un micro-festival no que Ex-Tension abrirá a súa intervención sonora da man do propio Tonho Randeeira coa leitura do primeiro e histórico Manifesto Indixenista Galego directamente do seu puño e letra...Moral Alta, Moral Alta!!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home