ESPECTACULAR ESTREO DO WEB-BLOG DO "BRUAR DOS BULLS" E ABERTINHO DE REISES EN BUEU....TINTA FEMIA, CACHIZAS E FILOSOFÍA BULLS A REGOS!!
ANTES DE EMBARCAR PARA AS MALDIVAS ...TINTA FEMIA E CACHIZA NO ABERTINHO DOS REISES EN BUEU
E despois do explosivo Abertinho dos callos na Norleste o sur colle relevo e o palán para en Bueu recordarlle ó rei e ós reises de oriente cun palán na man e cunha botella de tinta femia na outra que iste é a terra do Apalpador e o país da Cachiza , espectacular o maxistral crónico de Manuel Outeiro teclexado cos dedos recen lambidos despois de meterlle o dente ó espectacular roscón gañado por Benito >> Foi unha tarde de sol e cachizas. As tres e media comenzou na antiga estacada (vello secadoiro dos aparellos) o Abertiño dos Reises. Xente de Bueu e Marín na desputa do rosco de ovos e fariña con faba incluida. O gañador foi Benito que embarcará para as Malvinas o vindeiro Martes, para unha maré de seis meses. Botarémolo de menos. Foi segundo Ricard que levou para casa dúas botellas de Tinta Femia de Cela e terceira Lú que gañou unha botella de licor de noces para asentar a barriga e saca-la friaxe. Brais, Yu e Martiño subiron o podio da categoría infantil e cada un apañou unha pequena caixa de lambetadas. O rosco chegou para todos e a faba tocoulle a Martiño que fixo unha festa pola súa sorte.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home