O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 01, 2013

"LUCAS-GZ" DOS REMOURELLE BULLS ARRASA NUNHA NOVA EDICIÓN DO ESPECTACULAR E MULTITUDINARIO ABERTINHO DOS CALLOS DE ANINOVO!!

















Multitudinaria e espectacular acollida en Ribadeu dunha nova edicion do explosivo Abertinho dos Callos de Aninovo , as billardas non podían quedar excluidas dista gran celebracion polo que na madrugada os paláns buscaron de novo o puño firme e rexo dos activista da LNB que unha vez máís deixaron semente de victoria no medio do confeti e do glamour da noite máis longa do ano..

















Unhas horas antes do inicio do son das 12 badaladas por horario natual galego , as redes anti-sociais da LNB eran un bulir de emocions ante a confirmación do retorno ás pistas do mito da billarda de catro patas eun rabo chamado Pinto .


















O can e axudante do selecionador acendía o lume nos ollos para alumear a pista de xogo tan só uns minutos antes das 8 da mañán antes de que o día rompera definitivamente.


















Espectacular imaxe dunha billarda na escuridade da madrugada Ribadense agarando ser impulsada cara ó varal da oficicialidade..


















Sempre atendo Pinto supervisaba cada un dos lanzamentos de Flores ...



















E do seu compañeiro de franquicia , non foi casualidade que foran dous activistas da máis antiga equipa da LNB "Ekipa Bítere" quen dirixiran un operativo de extremada complexidade coma o que sempre acompaña ó gran desafío do Aberto dos callos de Aninovo.


















De novo os activistas da LNB acoden á súa inexcusábel cita coa pota de callos no referencial restaurante Compostela donde á saida do mesmo agardában ansiosos unha enferborizada tribo miltantes LNB  sedentos de billarda e de prse urxentemente ás ordes do selecionador Nacional Manolo Flores e do seu axudande Pinto.



















A praza do mercado polas 8:30 h era un auténtico fervedoiro de palanadores e palanadoras regados pola carraxe dispostos e entrar en combate pola xa mítica Lata de Callos da LNB.



















Incredulidade ante os transeuntes que vía atónitos ante a amiaza das billarda acariñando os seus fuciños e vendo como a festa de aninovo se transladaba á improvisada pista de billarda perfectamente delimitada polos ouveos de Pinto.


















Os membros da LNB non puideron esquencer que o 1 de Xaneiro é un día moi sinalado para o noso selecionacionador que celebraba o seu santo polo que os activistas palán en man entoaron unha Manueladas , cantigas tradicionais que só sobreviven só en algunha parroquia galega mais recuperados pola LNB en honra do gran guía de San Miguel de Reinante,



















Arrincaba pois unha nova edicion do Abertinho de Aninvo cunha espectacular nómina de participantes tod@s eles naturalemente sen deitarse e hidratándose continuamente .



















As billardas dibuxaban espectaculares traxectorias imposíbeis na suave brisa do aninovo...



















Tension e emocion máxima no campo de xogo ante unha espectacular e igualadísima final a tres...


















que elevou ó gran palanador dos Remourelle Bulls , Lucas Gz , ó olimpo dos deuses ó conseguir a tan desexada Lata de Callos da LNB ...



















Un triunfo rotundo de toda a LNB e de Lucas Gz en particular que retorna ás pistas da LNB cun implacábel xogo que continúa a xeira de éxitos da referencial franquicia dos Bulls . Membro de Siareir@s Galeg@s e recén chegado de Pontevedra da desputa do Aberto da Auténtica no marco do Galiza-Curdistam , Lucas é o claro exemplo de palanador de militancia e loita constante....Xido Luceiro Dangre!!  

2 Comments:

Postar um comentário

<< Home