"INDIXENISMO GZ" PREPARA O LANZAMENTO DO ESPECTACULAR ALMANAKE-LNB 2013 COMA ADIANTO DA EXPOSICIÓN ITINERANTE "FIESTRAS DA LIBERDADE"!!
A irrupción da espectacular edicion dixital do República Billarda foi unhas das charemenas que fixo saltar polos aires a gran laparada de lume da marca "Indixenismo GZ" . o colectivo pantasma surxido ó amparo da gran lareira billardeira , espallou nas redes anti-sociais a gran nova do lanzamento na rede do República Billarda coma punto de partida do seu compromiso total e absoluta coa filosofía do deporte da billarda..
Un compromiso e empurre que se denota no seu espectacular novo estalo billardeiro xa que Indixenismo GZ vai ser quen produza o agardadísimo Alamanake-LNB 2013 para o cal xa temos copasada a centraliña de pedidos , un lanzamanto que acompañará atención ó Alamanake de Peto da LNB que servirá tamén coma primeiro carné oficial de palanador e palanadora da LNB. Refrega os ollos e preara a parede da túa casa para guindar o Alamanke LNB 2013 porque Indixenismo GZ con ista acción prepara o terreo tamén para un dos grandes retos que xa ten entre mans que non é outro que a primeira gran exposición itinerante "FIESTRAS DA LIBERDADE" baseada nos cartaces da LNB para mover en centros sociais , bares , taskas , furanchos e diferente puntos de atencion cultural do tipo do país e do mundo...Indixenismo GZ Sempre , Adiante co Varal!!
1 Comments:
At 10:39 PM, Anônimo said…
Pinto, volta á billarda que o futebol gaélico dáseche moi mal. Hai que ser paquete. Así vanvos gañar Bateas tamén, que parece ser que xa teñen equipa dirixida por Rodinho
Postar um comentário
<< Home