O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 20, 2013

CHEFA ARRASA EN MARÍN CONSOLIDANDO A BILLARDA COMA UN DESPORTO MIXTO EN TODA A SÚA INTENSIDADE E PLENITUDE!!
















Rematou o ano erguendo en Pontevedra a espectacular botella de Licor Café da LNB no Aberto da Auténtica no amarco do partido de siareiras " Galiza-Curdistam" e estréa a nova andaina billardeira niste 2013 na conferencia RíasBiaxas no máis alto do podium no epicentro do micro-cosmos Lipi-Lape , Chefa . a gran palanadora de Corredoiras , sen concesions arrasou co seu xogo a todos os seus rivais para proclamarse campioa absoluta baixo o teito do Pavillón de ---
















Unha victoria que ademáis ven a acumular argumentos para consolidar o noso desporto coma unha competicion mixta en toda a súa plenitude e que coma o que acontece nos vestiarios das equipas de futbol gaélico o sexo ó igual que a raza ou a crenza dun determinado xogador ou xogadora non sexan un condicionante para a creacion de nengun tipo de guettos deportivos .

















Maratoniana e intensa sesión de Lipe-Lape en Marin que superou as 5 horas de duracion que pese a que a berreira dos 80 varados se resistíu para o gran palanador e pintor actualemente exiliado en Braga esterca o terrou para que iste 2013 sexa o ano do tantas veces soñado LNB_24 horas Bilharda Nom Stop!!