A LNB ULTIMA O ESPECTACULAR LANZAMENTO SIMULTANEO DO PRIMEIRO CARNÉ DE BILLARDEIR@ OFICIAL E DO AGARDADÍSIMO ALMANAKE INDIXENISTA DE PAREDE!!
Adolfo Mena González foi a identidade que tivo que utilizar o Che Guevara no seu pasaporte falso co que esquivar os controis do imperialismo cando dende Cuba se dirixíu ó inferno de Bolivia , nun contexto coma o actual donde o cerco represivo é se cadra máis sutil mais moito máis feroz que incluso o que reinaba na latinoamérica revolucionara dos anos 60 , a LNB para que os palaandores e palanadoras da LNB poidan autoafirmarse tamén fóra das pista ten xa en imprenta a primeira edición dos espectaculares carnets oficiais de palanadores e palanadoras da LNB , un paso adiante histórico en cuxa portada aparece o berro: eu apoio á LNB!! e na parte traseira terá un almanake de peto para que poidas marcar as datas dos Abertos , mais non só queda ahí a cousa .... xa que canda ó cartón LNB virá a agardadísima versión indixenista do xa mítico Almanke-LNB de parede que invadirá dende iste mesmo fin de semana todos os fogares , tendas e bares do país que por tan só dous euros cada estalo queiran amosar o seu compromiso total e implicacion absoluta coa causa billardeira....no noso facebook oficial e no mail [ovaral@hotmail.com] podes facer xa as tùas reservas!!
E ó carón do espectacular disco-sorpresa homenaxe ós padriños do Rock Galego apresentado iste luns no Planeta Furancho da RGM que amosa como os galegos cantamos , danzamos e nos emocionamos dende fai 25 anos cos estalos de Zenzär , non che pode faltar no teu peto o carné de billardeir@ oficial e na túa parede o espectauclar e indixenista Alamanke-LNB , porque a mesma forza que fai 25 anos impulsou ós de Cerceda a saltaren ó esceario foi a mesma que fixo que as billarda sairán da cova do esquencemento ...Varados polos Padriños!!
1 Comments:
At 12:21 PM, Anônimo said…
Poderase usar este carnet coma o primeiro DNI galego?
Postar um comentário
<< Home