O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 03, 2012

A MASÍA?? NON!! ...CANGAS ENTOLECEU COA A FORZA E EMPURRE DAS XOVES PROMESAS DA INDOMÁBEL TRIBO CACHIZA!!

















Ate o mesmísimo Joan Brossa se poría de xeonllos ante iste espectacular poema visual perpetrado iste mesmo sábado no IES Maria Soliño de Cangas , simultaneo ó espurre da Auténtica en Xixón o poder da canteira reivindicábase a golpe de Chachiza con imaxes tan impactantes coma ista que amosa o explosivo podium infantil apadrinhado nada mais nen nada menos que polo mesmísimo Coroceiro Nacional que olla orgulloso para os futuroas aloitadores polas súas xestas.


















Agradando o análise perminorizado no web-blog oficial da Conf. Sur , un dos referentes máximo do blogo millo billardeiro que moi pronto vai ter xugosas novidades , adiantamos un micro-crónico executado polo Comandante Manuel Outeiro dende a propia pista de xogo >> Esta tarde, no Pavillón do IES María Soliño tivo lugar a III Xornada da Liga Nacional de Billarda (LNB) correspondente a Conferencia Sur. A Billarda é un deporte que ten a súa orixe no xogo tradicional da CACHIZA pero que está a realizar o chimpo a DEPORTE e adopta a nomenclatura máis extendida na Galiza. Participaron 38 palanad@s dos diferentes equipos desta Conferencia. Os resultados foron os seguíntes: 

CATEGORÍA INFANTIL
   1º .- Martiño do C.A. Corredoiras
   2º.- Adriana de Valpaços Terra Quente
   3º.- Yudani de C.A. Corredoiras

MULLERES
   1ª.- Iola de Lideiras de Mós
   2ª.- Cheli de Gharaboto de Marín
   3ª.- Elena de Gharaboto de Marín

ABSOLUTA 
   1º.- Luis Gon de Gharaboto de Marín
   2º.- Salgueiro de Paquete Pinchas do Porriño
   3º.- Luís Camiña de Gharaboto de Marín.




















Foi unha tarde expléndida cun unha forte competencia que precisou de numerosos percorridos de desempate e na que, polas condicións da pista conseguíronse unha chea de varados. Un aberto o terceiro xa puntuábel na Conf. Sur que non puido atopar mellor xeito para celebrar o exitazo que erguendo a botella de Licor Café para selar como mandan o cánones que rixen a filosofía billardeira...





















Unha accion a de mollar a palabra e os beizos co mouro elemento que se xunguíu na fría tarde se sábado ás pistas de Cangas e da Llaboral de Xixón donde se celebraba o Abeirtu do liet International e donde se executou a agardadísma  I Cata de Licor Café Auga Vella que servíu para que a seleccion asturiana e os seus afeccionados entre os que se atopan os membros da radio independente e monollingüe "Radio Sele" saboreasen en comunisón coa Auténtica iste poderoso e explosivo brevaxe eleborado nas bravas terras de Chantada.




















Cangas acolleu á tribo Cachiza e acende o lume na conferencia sur coma o licor café o fai nos nosos corpos , e non só iso xa que nas bancadas do IES Maria Soliño o espírito da Auténtica tamén estivo presente preparando o batuxo para lanzarse ó mediterraneo para un posíbel próximo desafío internacional...Cachiza sempre, adiante co varal!!