A AUTÉNTICA ESPURRA EN XIXÓN COA POTENTE SÍDRA DUNHA ANOVADA ASTURIES E VOLTA Ó PAÍS COA CABEZAL ALTA MAIS SEN A COPA CANTÁBRICA!!
1 de decembro , praza central da universidade da Universidade da Llaboral ( Xixón ) , nen a chuvia nen a friaxe embravecida quería perderse a sexta edición da Copa Cantábrica de Liriu#Billarda que voltaba a situar fronte a fronte ás seleccións nacionais de Asturies e Galiza que "emburrian" de xeito total e absolutamente autoxestionado ista referencial competión de nacións sen estado aberta para calquera do resto das nacionalidades sen estado ibéricas e europeas que queiran nun futuro integrarse.
Os palanadores e palanadoras da Auténtica preparabanse concienzudamente para entrar en xogo e tentar defender con uñas e dentes a xa mítica Copa Cantábrica wue ten oseu pousadeiro oficial na Taberna de Lola de Remourelle. Aquí podemos ver ó gran palanador dos Billardeiros Musicais un dos pilares básicos da Auténtica vestindo os guantes ó estilo do deporte irmán do futbol gaélico para sacar o máximo rendemento de cada un dos seus lanzamentos.
Arrincaba a competicion e coma dicía a canción " da Confianza veñen os Abusos " en Xixón a Auténtica pagou moi cara a súa confianza e relaxamento inicial...durante a primeira parte do partidos unha coincentradísima selecccion asturiana comezou a facer frecha e pouco a pouco , carreira a carreira tomaron distancia en ámbalas dúas pistas en xogo.
Na Auténtica durante os primeiro estalos a atencion centrábase en siutarse na pista , adaptarse ó sistema de lanzamento que esixe o Castru e sobre todo agardar con emoción imposíbel de conter por toda a expedición galega o explosivo e agradadísimo debú oficial de Ismael, o palanador dos Carabullo de Muimenta marcou un dos puntos de inflexión para exemplicar a actitude que un palandor ou palanadora debe sentirse cando afronta o reto brutal de vestir o camista da Auténtica . Tele-Varal estivo alí e puido gravar un extremecedor estalo que en breve se poderá ver no noso facebook oficial diste intenso e histórico debú que debe guiar os pasos de todas as crianças que algun día aspiern a chamada na Auténtica.
Baixo unha chuvia intermitente Asturies montaba no seu batuxo de "rebolla" e alonxábado cada vez máis no marcados ante a preocuada ollada do noso seleccionado nacional Manolo Flores que xunto coa súa segunda de abordo no estaf técnico da Auténtica "Bea dos Remourelle Bulls" comezaban a quentalle a orella ós palanadores e palanadoras para enxugar coma fora as cada vez máis numerosas goteiras no xogo do seccion galega.
No ecuador do partido celebrouse un descanso para recuperar enexías e dar inicio á xa tradicional espicha de sidra, impresionante a laboura de autoxestion alimentar coa que a seleccion asturiana agasallou á seleccions galega , tortilla , empanadillas , bollinas , croquetas ...e un sen fin de manxares eran un dos recursos cos que a Auténtica confiaba para sustentar a súas recuperacion na pista.
Mais xa era demasiado tarde.... a Auténtica reaccionaba si pero a ventaxe e o bo facer dos machetadores e machetadoras asturianos que non perdían a concentración nen o pulso en nengún intre facían que a Copa Cantábrica se alonzara cada vez máis para pasar cando menos un ano alonxada de terras galegas...
A ledicia era máxima na equipa Asturiana que despous de dous anos de travesía do desesto lograba sorprender á Auténtica asestándollo un golpe de efecto só equiparábel ó durísimo xostregado que recibe un coello na caluga antes de recibir a caricia do coitelo.
29 - 27 foi o resultado final , un total de 60 carreiras que amosa á perfección que o spring final da Autñentica foi dos que deixan pegada mais non foi suficientes , Flores e Bea deixaron a voz na pista pelexando contra os elementso e movendo as fichas da Auténtica que dista volta non puido acadar a victoria.
E atencion porque Pepa , Muriego, Hevia , Sergio , Lilian , Luis Carlos e o machetador Anti Pinochetista marcaron a pauta dun novo ciclo dentro do Liriu en Asturies , as victorias nunca veñen da nada e ista ven claramente dunha harmonía e traballo común de toda a selección asturiana moito antes de pisaren a pista , dende a xestion do espazo , pasando pola creacion dos espectaculares carteis e traballo de promocion do evento ate a orgaizacion e eleccion do restaurante El Cruce para o xantar de irmandade , Asturies simplemente reflexou na pista o que fixo ista fantástica seleccion fóra dela...saben os asturianos ó igual que a súa Llingua que toda a LNB está ó seu dispor para apoiar calquera accion que queiran emprender . L´asturiano LLingua Oficial. Liriu Espor Ofical!!
E aproveitando o contexto do Liet International, Hevia , o Comandante do Liriu, comezou a promocion internacional da victoria e adquisicion da Copa Cantábrica nunha televison grega , a ver se a TPA toma nota e deixa que os membros da seleccion asturiana falen e mostren ó seu pais a magnitude do acadado.
E na Galiza todas as olladas van para a figura de Flores , o selecionador nacional está agora máis ca nunca no medio do furacán , un firacán que xa comezou a soprar cando se divisaba a derrota da Auténtica mais foi na derradeira carreira despurtada por Flores fronte a Sergio quen despexou dúbidas culminando a súa actuacion e a da Auténtica cunha gran victoria mais que á postre non trocou o rumbo da derrota final . Se algun pide a cabeza de Flores que se olvide, porque o único que podería recibor sería o seu corpe encima aplacando as críticas , unha actitude frontal que caracteriza a filosofía da nosa selección que xa anda enfrascada na busqueda de novos e arrebatadores desafíos..
E non todo remataba ahí ,nen moito menos, despois do espectacular xantar de irmandade na Sidrería El Crucero , volta á praza central da Llaboral para a desputa do Abiertu do Liet international donde os palanadores e palanadoras da Autñentica buscaban o desquite depois da derrota...
Espectacular Cata de Licor AugaVella a pé de pista para cocer a fabada , os escalopines con cabrales e o impresionate arroz con leite , que acompañou ós golpexos enfurecidos dos membros da Auténtica que buscaban como fora voltar para o país coas latas de conserva de El Viejo Pescador, un magnífico pestisco chegado dende Tapia só comporábel á altura do marco no que se desenrolaba o Abiertu.
De novo o Luso e fusco facía acto de presenza para dilucidar o desenlace do Abiertu Liet International co que remataba a xornada ó ar ceibe.
Foi Daniel .o palanador da Autentica quen levou as espectacular obras artesanais do CLN e da LNB que acompañanadon ós productos El Viejo Pescador e a Botella de Licor Café AugaVella , secundado no podium por Sergio da Seleccion Asturiana e en terceiro lugar Lucía a gran palanadora dos Remourelle Bulls reivindicando con ista gran acción o valor e empurre de furia necesaria das nosas xogadoras para unha rápida reposicion da Copa Cantábrica na Taberna de Lola .
Mais non acabou ahí o conto ,membros da LNB agardaron á apertura de portas do teatro da Llaboral donde se celebraba a final do Liet International para asistir en apoio dos irmáns da Xunta pola defensa da LLingua uníndonos dentro ós activistas que esixían a oficialidade para o idioma asturiano .
Nista imaxe podemos ver ó poderoso grupo basco Enkore que estivo co comanado CNL-LNB durante o espectacular mini-concerto de Dixebra co que se cerreou a gala , por certo... os vencedores do festival foron os representes bretóns ..Tongazo en toda regla porque foi descarado que os que vencedores en condicions normais serían os Baixo Saxóns The Voodooeletric
E donde si que non houbo tongo foi na emotiva cerimonia de asentamento da Copa Cantábrica no seu apouso oficial en terras asturianas, é de novo no Bar Timo de Aviles donde a Copa Cantábrica pasará un ano de recollemento agardando ansiosa que a Auténtica volte a cruzar o charco na súa busca e captura. Noraboa á seleccion asturiana polo gran triunfo na pista e moitísimas grazas a tod@s os seus membros polo seu gran acollemento e trato coa Auténtica.. Lo mesmo qu´enantes , fuimos compañeros, na griesca somos toos , indios de la nuesa tierra ...Billarda#Liriu Dixebra!!
1 Comments:
At 11:54 AM, Unknown said…
15711meiqing
michael kors outlet online
jordan 11
louis vuitton
www.louisvuitton.com
lebron shoes
michael kors outlet
rolex watches outlet
ray ban outlet
coach outlet store online
louis vuitton handbags
jordan 6
fitflop shoes
longchamp outlet
toms shoes
gucci outlet
ralph lauren outlet
michael kors
hermes birkin bag
pandara jewelry
jordan 11 low
michael kors bag
coach outlet
burberry outlet online
tods shoes
louis vuitton purses
jordan 11 infrared low
christian louboutin sale
oakley store
kd shoes
new jordans
nfl jerseys
jordan shoes
jordan 6 black infrared 2015
chanel bags outlet
marc jacobs handbags
retro jordans
louboutin
coach factory outlet
ralph lauren
michael kors
Postar um comentário
<< Home