O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 02, 2012

A AUTÉNTICA ESPURRA EN XIXÓN COA POTENTE SÍDRA DUNHA ANOVADA ASTURIES E VOLTA Ó PAÍS COA CABEZAL ALTA MAIS SEN A COPA CANTÁBRICA!!

















1 de decembro , praza central da universidade da Universidade da Llaboral ( Xixón ) , nen a chuvia nen a friaxe embravecida quería perderse a sexta edición da Copa Cantábrica de Liriu#Billarda que voltaba a situar fronte a fronte ás seleccións nacionais de Asturies e Galiza que "emburrian" de xeito total e absolutamente autoxestionado ista referencial competión de nacións sen estado aberta para calquera do resto das nacionalidades sen estado ibéricas e europeas que queiran nun futuro integrarse.

















Os palanadores e palanadoras da Auténtica preparabanse concienzudamente para entrar en xogo e tentar defender con uñas e dentes a xa mítica Copa Cantábrica wue ten oseu pousadeiro oficial na Taberna de Lola de Remourelle. Aquí podemos ver ó gran palanador dos Billardeiros Musicais un dos pilares básicos da Auténtica vestindo os guantes ó estilo do deporte irmán  do futbol gaélico para sacar o máximo rendemento de cada un dos seus lanzamentos.


















Arrincaba a competicion e coma dicía a canción " da Confianza veñen os Abusos " en Xixón a Auténtica pagou moi cara a súa confianza e relaxamento inicial...durante a primeira parte do partidos unha coincentradísima selecccion asturiana comezou a facer frecha e pouco a pouco , carreira a carreira tomaron distancia en ámbalas dúas pistas en xogo.


















Na Auténtica durante os primeiro estalos a atencion centrábase en siutarse na pista , adaptarse ó sistema de lanzamento que esixe o Castru e sobre todo agardar con emoción imposíbel de conter por toda a expedición galega o explosivo e agradadísimo debú oficial de Ismael, o palanador dos Carabullo de Muimenta marcou un dos puntos de inflexión para exemplicar a actitude que un palandor ou palanadora debe sentirse cando afronta o reto brutal de vestir o camista da Auténtica . Tele-Varal estivo alí e puido gravar un extremecedor estalo que en breve se poderá ver no noso facebook oficial diste intenso e histórico debú que debe guiar os pasos de todas as crianças que algun día aspiern a chamada na Auténtica.




















Baixo unha chuvia intermitente Asturies montaba no seu batuxo de "rebolla" e alonxábado cada vez máis no marcados ante a preocuada ollada do noso seleccionado nacional Manolo Flores que xunto coa súa segunda de abordo no estaf técnico da Auténtica  "Bea dos Remourelle Bulls" comezaban a quentalle a orella ós palanadores e palanadoras para enxugar coma fora as cada vez máis numerosas goteiras no xogo do seccion galega.


















No ecuador do partido celebrouse un descanso para recuperar enexías e dar inicio á xa tradicional espicha de sidra, impresionante a laboura de autoxestion alimentar coa que a seleccion asturiana agasallou á seleccions galega , tortilla , empanadillas , bollinas , croquetas ...e un sen fin de manxares eran un dos recursos cos que a Auténtica confiaba para sustentar a súas recuperacion na pista.

















Mais xa era demasiado tarde.... a Auténtica reaccionaba si pero a ventaxe e o bo facer dos machetadores e machetadoras asturianos que non perdían a concentración nen o pulso en nengún intre facían que a Copa Cantábrica se alonzara cada vez máis para pasar cando menos un ano alonxada de terras galegas...


















A ledicia era máxima na equipa Asturiana que despous de dous anos de travesía do desesto lograba sorprender á Auténtica asestándollo un golpe de efecto só equiparábel ó durísimo xostregado que recibe un coello na caluga antes de recibir a caricia do coitelo.

















29 - 27 foi o resultado final  , un total de 60 carreiras que amosa á perfección que o spring final da Autñentica foi dos que deixan pegada mais non foi suficientes , Flores e Bea deixaron a voz na pista pelexando contra os elementso e movendo as fichas da Auténtica que dista volta non puido acadar a victoria.

















E atencion porque Pepa , Muriego, Hevia , Sergio , Lilian  , Luis Carlos e o machetador Anti Pinochetista  marcaron a pauta dun novo ciclo dentro do Liriu en Asturies , as victorias nunca veñen da nada e ista ven claramente dunha harmonía e traballo común de toda a selección asturiana moito antes de pisaren a pista , dende a xestion do espazo , pasando pola creacion dos espectaculares carteis e traballo de promocion do evento ate a orgaizacion e eleccion do restaurante El Cruce para o xantar de irmandade , Asturies simplemente reflexou na pista o que fixo ista fantástica seleccion fóra dela...saben os asturianos ó igual que a súa Llingua que toda a LNB está ó seu dispor para apoiar calquera accion que queiran emprender . L´asturiano LLingua Oficial. Liriu Espor Ofical!! 

















E aproveitando o contexto do Liet International,  Hevia , o Comandante do Liriu,  comezou a promocion internacional da victoria e adquisicion da Copa Cantábrica nunha televison grega , a ver se a TPA toma nota e deixa que os membros da seleccion asturiana  falen e mostren ó seu pais a magnitude do acadado.


















E na Galiza todas as olladas van para a figura de Flores , o selecionador nacional está agora máis ca nunca no medio do furacán , un firacán que xa comezou a soprar cando se divisaba a derrota da Auténtica mais foi na derradeira carreira despurtada por Flores fronte a Sergio quen despexou dúbidas culminando a súa actuacion e a da Auténtica cunha gran victoria mais que á postre non trocou o rumbo da derrota final . Se algun pide a cabeza de Flores que se olvide, porque o único que podería recibor sería o seu corpe encima aplacando as críticas , unha actitude frontal que caracteriza a filosofía da nosa selección que xa anda enfrascada na busqueda de novos e arrebatadores desafíos..


















E non todo remataba ahí ,nen moito menos, despois do espectacular xantar de irmandade na Sidrería El Crucero , volta á praza central da Llaboral para a desputa do Abiertu do Liet international donde os palanadores e palanadoras da Autñentica buscaban o desquite depois da derrota...

















Espectacular Cata de Licor AugaVella a pé de pista para cocer a fabada , os escalopines con cabrales e o impresionate arroz con leite , que acompañou ós golpexos enfurecidos dos membros da Auténtica que buscaban como fora voltar para o país coas latas de conserva de El Viejo Pescador, un magnífico pestisco chegado dende Tapia só comporábel á altura do marco no que se desenrolaba o Abiertu.


















De novo o Luso e fusco facía acto de presenza para dilucidar o desenlace do Abiertu Liet International co que remataba a xornada ó ar ceibe.

















Foi Daniel .o palanador da Autentica quen levou as espectacular obras artesanais do CLN e da LNB que acompañanadon ós productos El Viejo Pescador e a Botella de Licor Café AugaVella , secundado no podium por Sergio da Seleccion Asturiana e en terceiro lugar Lucía a gran palanadora dos Remourelle Bulls reivindicando con ista gran acción o valor e empurre de furia necesaria das nosas xogadoras para unha rápida reposicion da Copa Cantábrica na Taberna de Lola .

















Mais non acabou ahí o conto ,membros da LNB agardaron á apertura de portas do teatro da Llaboral donde se celebraba a final do Liet International para asistir en apoio dos irmáns da Xunta pola defensa da LLingua uníndonos dentro ós activistas que esixían a oficialidade para o idioma asturiano .


















 Nista imaxe podemos ver ó poderoso grupo basco Enkore que estivo co comanado CNL-LNB durante o espectacular mini-concerto de Dixebra co que se cerreou a gala , por certo... os vencedores do festival foron os representes bretóns ..Tongazo en toda regla porque foi descarado que os que vencedores en condicions normais serían os Baixo Saxóns The Voodooeletric

















E donde si que non houbo tongo foi na emotiva cerimonia de asentamento da Copa Cantábrica no seu apouso oficial en terras asturianas, é de novo no Bar Timo de Aviles donde a Copa Cantábrica pasará un ano de recollemento agardando ansiosa que a Auténtica volte a cruzar o charco na súa busca e captura. Noraboa á seleccion asturiana polo gran triunfo na pista e moitísimas grazas a tod@s os seus membros polo seu gran acollemento e trato coa Auténtica..  Lo mesmo qu´enantes  , fuimos compañeros, na griesca somos toos  , indios de la nuesa tierra ...Billarda#Liriu Dixebra!!