O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 05, 2012

CHANTADA TERRA BRAVA ...ANTI-CRÓNICO DO "COMANDANTE REGUEIRO" DENDE A LIÑA DO FRONTE DO CASTAÑAZO_2012!!



E dende o campo de batalla na primeira liña do fronte... con palán ergueito e a coraxe a proba de balas e pelotas de pádel chega o incendiario crónico do Comandante Regueiro , o palanador das Troitas Bravas levou toda a bravura e os petos cheos de navallas da Pontenova polo que puidera pasar para a coordinación dun alebrestrado Aberto e dirixir con man mestra e de ferro os movementos da Ekipa-LNB cara a gloria suprema nos delirantes e cada vez máis  perigos Xogos Bravús do Castañazo Rock de Chantada, . Ponte cómod@ e teletranspórtate a Chantada nas verbas de Regueiro >> O día 3 de novembro celebrouse en Chantada o Castañazo Rock, e como non podía ser doutro xeito, a LNB estivo presente. Ao longo das primeiras horas da tarde as palanadoras e palanadores foron chegando ó mercado gandeiro chantadino, onde se atopa o mítico Bravú Area. Pouco despois das 17h. comenzou o Aberto do Castañazo, cun total de 25 participantes. Entre @s participantes atopábanse integrantes de equipas das conferencias norleste e sur coma Carabullo, Troitas Bravas, Gharaboto, Corredoiras ou Trece Catorce. 

















Pouco a pouco fóronse desnvolvendo as carreiras e chegouse a unha final a catro, xa sen luz natural. A final disputàrona Chefa de Corredoiras, Tino de Carabullo, Fernando de Trece Catorce e Iván. O resultado final foi: terceiro posto para Chefa, segundo Tino e primeiro Fernando. Unha vez rematado o aberto, comezaron os xogos bravús e aí foi onde brilou o combo da LNB, Billardeir@s. A primeira proba foi o lanzamento de boina e a vitoria de Billaredeir@s chegou despois dun preciso lanzamento de Tino. Na segunda proba, carreira de leiteiras, a equipa da LNB foi vítima do xogo subterraneo dos rivais e non puido gañar a proba.




















Na seguinte proba, movimento de marco, Lola e Anahí fixeron o que puideron pero non chegou para vencer. E na última, o lanzamento de ourizos, houbo que encomendarse ao Tony Kukoc de Meira, Hervy, que cun tres de tres na ronda final deulle o triunfo a Billardeir@s e o pase á finalisma dos xogos bravús. 
A proba que decidiría a equipa gañadora dos xogos bravús foi unha "carreira de lentos". Logo de escoitar o nome da proba, todas as miradas da equipa da LNB fixáronse en Ismael, o Niki Lauda da Chaira, sen dúbida o máis capacitado da equipa para vencer nesta disciplina. Como non podía ser doutro xeito, Ismael chegou último e deulle a vitoria a Billardeir@s.

















@s Billardeir@s foron: Hervy, Lola, Adrián, Javi, Carme, Regueiro, Ismael, Anahí e Tino. Para bravús nós!!. Despois de dar conta do trofeo (chourizo, queixo, Mariñeiras, viño e licores), comezaron os concertos.