O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 03, 2012

POLBO, MÚSICA , RIFAS E BILLARDA ..... O EXPLOSIVO COCTEL-MOLOTOV QUE ESTOURÁ EN LUGO ISTE SÁBADO NO PARQUE DE ROSALÍA DE CASTRO!!












xa ferve a auga na spotas de latón das pulpeiras do San Froilán para afrontar a cocedura de millón de kilos de polbo que se vai consumeir istes días en Lugo , unha cidade das Murallas que xa sinte nas súas paredes a presenza da tribo billardeira xa que despois da  espectacular pegada realizada polos activistas billardeiros do Madia-Leva iste martes o que non acuda ó parque Rosalía de Castro iste sábado é porque non lle peta mais non porque non se enteirou porque non hai recuncho na cidade dende o que non se divise o espectacular cartaz oficial do I Aberto de Billarda do San Froilan realizado polo batería e palanador de Ex-Tension Agraria , un grupo que por desgraza non estará iste venres na Praza de Santa María iste xoves riba do esceario xunto cos irmáns de  Machina , Terbutalina e os John Deers mais agardamos que dende o concello ó igual que pasou coa billarda iste ano,  para edicións posteriores recifiquen ista gran eiva sonora. Todo en marcha pois e se xa estás en Lugo únete xa ós MadiaLeva para coller as brosas e afiar billardas>> madialeva.gz@gmail.com / 627.232479

LOTARÍA DE NADAL NON...RIFA NACIONAL DA LNB SI!!!











Dende fai varias tempadas a LNB tentou artellar unha alernativo ó espolio que supón  a participación dos galegos na lotaría de nadal , é por elo que dende varios estamentos da nosa organición estase ultimando a xestion dunha explosiva Rifa Nacional cuxo númeiro campión coincidirá co extraido o 22D polo nen@s de San Ildefonso ....Galiza prepara o forno e queima os boletos da lotaría nacional porque en breves chegan as restras de números da Rifa Nacional da LNB!!