O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, outubro 13, 2012

PARA QUE HAXA MAZÁS E SIDRA GALEGA.... HAI QUE MOVER O MAZAEIRO DE SAN TOME DE PIÑEIRO!!
















O venres Fina Casalderrei , a pregoeira das festas da mazá e da Sidra en San Tomé de Piñeiro ( Marin ) falabada nos micros da Radio Galega , naturalemente cando a presentadora anunciou o programa completo das activiades non dixo nada do Aberto de Billarda que tan só unha horas se ía celebrar no campo de futbol municipal de San Tomé.

















Unha vez máis pois a LNB aldraxada polos medios públicos que niste etapa de falso proceso electoral brindase ante calquera entrada de ar ceive e billardeiro que poida por en perigo o sistema corrupto sobre o que se asenta isa elección a dedo do 21-O . Chupi, unha das grandes estrlas do universo Sur quixo celebrar o gran día de Resistencia Indixenista tentando meterrle o dente ó triunfo de San Tomé e tentar levar tamén o xabón de mazá co que linpar as feridas dos seus contrincantes e a suor dos chimpos na posterior explosiva festa rock do FestiSidra.
















E por se fora pouco , os Gharabotos , a franquicia local elexíu San Tomé de Piñeiro como non podía ser doutro xeito para apresentar oficialmente a súa sudedeiras de inverno coas que preparan a súa metarmosfose en Coroceir@s Nacionais , polo momento só podemos ver un grupo de vermes azuis que buscan algún día ser bolboretas no gran olimpo billardeiro...

















República Billarda , República das Froitas>> Brindemos pola mazá, pola mazá de mesa ou coitelo, pola mazá de sidra, a que hoxe nos convoca; pola mazá de cocer. Brindemos pola raíña das froitas; mellor dito, pola presidenta da República das froitas. Oreta…

















E foi Chupi , quen ó final coma Eva non se puido resistir á Mazá no paraiso de San Tomé de Piñeiro , custodiado por Xan e Gelín o palanador dos Paquete Pincha coa precision e valentía dun Guillermo Tell billardeiro asestou un preciso golpe de autoridade nunha Conferencia Sur donde se fai bo ise dito de ou entra ou rebenta...Mazás , Sidra e Billarda Sempre!!