O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 08, 2012

FACHENDA BILLARDEIRA...DE VILAMAR Ó SAN FROILÁN E DE DORRÓN CHIMPO MORTAL A CULLEREDO!!
















Sería xa de xustiza incluir ó gran palanador Luis Camiña de Gharabotos entre os mais grandes fotógrafos de guerra da história , obra del son as espectaculares reportaxes dos Abertos que podemos desfrutar despois de cada enganchada na que el teña xunguido ó palán , o seu muro do facebook cada noitiña de Torneo tornase nun ferbedoiro donde tod@s pousamos os ollos con fame inmensa , sen dúbida con Luis comprese iso de que unha imaxe vale más ca mil palabras , o rutmo narrativo de cada un dos seus albumes está sentar cátedra , del é por exemplo a instantane de Manuel Abuín , ala mater dos Fachenda Galega, captada iste sábado no Aberto en Dorrón puntuábel para a Conf. RíasBaixas . Manuel achegouse á LNB coa súa guitarras e non dubidou en incorporarse á República Billarda e depsois de xestionar o explosivo Aberto do UmiaRock coller tamén os palán e incorprarse coma un palanador máis ás cada vez máis temidas ringlieras da incombustíbel tribo da LNB..

QUERO PÁDEL NUNCA MÁIS..."QUERO BILHARDA" APRESENTADO POR JOAM DO MADIA-LEVA NA GALEGA XA!! >> Minuto_18 /

                                   


Mais non foi o unico activista do República Billarda que non pode estar quedo nen un minuto máis ante todo o que está acontecendo , na mañá do sábado un comando de activistas absolutamente míticos da LNB formado por Flores e Carmiña executaron un espectacular clinic para criaças en Vilamar ( Barreiros ) para na tarde dar paso á celebración do histórico I Aberto do San Frolán no que Regueiro o gran  palanador de Troitas Bravas se fixo co triunfo final , mais o pais enteiro puido asistir ó mdeio día á espectacular presentación do Aberto realizada no programa a Revista da Galega polo palanador Joam dos MadiaLeva xunto cuns membros da equipa luguesa que pola tarde coordiaron maxistralamente a gran acción billardeira no parque Rosalía de Castro [ video  minuto 18 ] mentras as billardas bruaban e o República Billarda soaba na cidade das Muralla  chegaba a ista non redacción do Varal o espectacular e impactante novo single de Montouto Sound Machine dende o seu exilio a moi poucos km. do congreso dos deputados, abrea as orellas e prepárate xa para o seu explosivo e  inminente estreo mundial....
















Un intre moi agardado tamén e que tivo a Dorrón coma pista  para o gran e agardadísimo estreo coma campión dun Aberto Puntuábel ó referencial palanador dos Gharabotos Luis Camiña , o de Marín fai anos que leva rondando o maíus alto do pódium e foi iste sábado niste multitudinario torneo da Conferencia RíasBaixas donde por fin se desfixo de maleficio que o acompañaba polas pistas do país adiante.

















E outro estreo foi o da mítica Conferencia NorOeste que arrincou camiño na pista cuberta de Culleredo cun ambientazo de auténtico luxo e con participación das grandes estrelas da conferencia e un gran numero de palanadores e palanadoras chagadas dende varios puntos do país para desfrutar dunha xornada e dun ambiente que comberteu á pista da Folgueira no  trampolín perfecto cara a conquista dunha  máxica tempada na histórica conferencia atlántica.Valea o palanador do Salnés se fixo co primoiso aberto puntuábel da NorOeste unha serpe multico que amosa os dentes e que amiaza con chantar o veleno a destro e sinsitro a quen se poña diante...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!