O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 09, 2012

A POLBADA ANTI-HISPANIDADE DO MADIALEVA , O PUNTO DE PARTIDA PARA O GRAN DESAFÍO BILLARDEIRO "GALICOLA STRATOS MISSION"!!

















O pasado sábado coa espectacular posta en marcha do I Aberto do San Froilán e a súa eincisiva presentación no programa A Revista da Galega o comandate Joam e toda a súa equipa luguesa do Madia Leva déron un exemplo a toda a tribo billardeira de xestión nun marco tan complexo coma é o da maior festa sen dúbida no outono galego. É por elo que hoxe seguindo intensamente o desafío do desportista extremo austríaco Felix Baumgartner que nunha acción patrocianada por Red Bull  vai lanzarse en paracaidas dende 36 Km de altura dende un globo autopropulsado , o chimpo será dende a estratosfera para rachar a velocidade do son para despois adentrarse na zona de gravidade e tentar aterrar no deserto americano de Novo México. Por motivos metereolóxicos o salto estase retrasando e a istas horas non se sabe se vai ser posíbel no día de hoxe mais o que xa fixo foi saltar as alarmas no entosno LNB para mediante os nosos aliados comerciais artellar unha resposta extrema cun posíbel GALICOLA STRATOS MISSION!!



E será naturalemente ó redor dun prato de madeira durante a xá mitica polbada conta o día da hispanidade que se celebra no Madia Leva de Lugo donde o grande reto estratosférico da LNB e moitos máis que de seguro irán surxindo . A tropa do Madia troca por uns isntantes o palán polos "palilhos" para a gran sentada que marco o fin do San Froilán . Polbo á Feira , Cachelos , Pan Viño e Sobremesa de luxo , todo elo por tan só 10 euros , a cita no seu local na Rúa Serra de Ancares 18 o día 12 apartires das 14:30 h. Reservas e Contacto>>  madialeva.gz@gmail.com - 627.232779