O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 17, 2012

SESION VERMÚ .... O EXPLOSIVO INICIO DA CONTA ATRÁS NA CONFERENCIA MAE!!

















Unha intensa mañá que arrincaba co cerco policial na conf. sur e que continuaba na Conf. Norleste coa desputa do mítico  Aberto do Vermú-Memorial Calvete co que a Conferencia Mae se sitúa na grella de saída cara un novo inicio da competencia regular. Na pista de xogo de Remourelle, grandes estrelas coma Xosiño da Ekipa Bítere que pese á rotura de clavícula que o terá partado uns Abertos do palán estivo saboreando e compartindo e emoción e o vermú de benvida á tempada


















Carreiras e olladas de esguello entre os participantes no Aberto para ver o estado de forma duns e outros para a arrincadeira do vindeiro sábado en Burela no Aberto do Bonito no que Eric,  o maxistral e implacábel vencedor niste mañanceiro Aberto do Vermú , parte xa coma un dos favoritos non só para facerse con título de Conferencia senón para ser Coroceiro Nacional .



















Rematada a competición espectacular sesión vermú a pé de pista nun ambiente de irmandade e festa no que se reocodou a figura do gran referente Calvete e no que se comentaba as posibilidade do Ciclista-LNB Rubén Sanhez, de cara ó asalto dende o posto 26 ó maiot de lider na Volta á Galiza , posto que ó final non puido mellorar mais que constitúe un gran exitazo tendo en conta a fráxil infraestructura coa que conta fronte os todopoderosos do pelotón amateur galego e estatal que alí se deron cita. Xantar de irmandade na Taberna de Lola na que se xantou o año mouro do interparroquial e se transpasou de Compromiso#LNB á equipa de Reomourelle a Culler de Pau froito dun computo erroneo no campode xogo. A falta de representación de varias equipas da Norleste no xantar de irmandade fai transladar a aprovación definitva do calendario á primeiro xornada no Aberto do Bonito de Burela.


















No serán do domingo Viveiro co Aberto da Robaliza e do Aberto de Chiclana en Cádiz dos que logo haberá novas , sesión de desquite en Remourelle co Abertinho dos Torrezmos no que venceu Daniel de Billardeiros Musicais e as rúas de Ribadeo donde Carlos Meixide un dos responsábeis máximos do Dioivo estivo monolegando e como moi pronto se vai poder ver ó baixaese do escenariño afianzando a aliaza Dioivo-LNB... Calvete Sempre, Adiante co Varal!!