O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 06, 2012

ROCK GALEGO, LICOR DE TOXO E PALÁNS FERVENDO... O COCTEL MOLOTOV QUE ESTOURARÁ ISTE SÁBADO NO FESTIVAL NOALLA VIVA DE SANXENXO!!






















Nunha man o palán e no outro un toxo coma única equipaxe posíbel para iste find acudir ó explosivo Festival Noalla Viva nunha das máis bravas parroquias do Salnés e dos pais enteiro , non polo que digan deles senón polo que eles fan e desenrolan sen complexo e coa única maxima da autoxestion e independencia persoalizada nise gran compendio asociativo cultural e billardeiro chamado ESMORGA . Son eles culpábeis que dende ista venres co estourido de Bandas Lokais e o sábado co gran festival que terá a Liviao de Marrao, Skarnivals, os billardeiros ZËNZAR e á Familia Caamagno riba do esceario precedidos dun incendiario Aberto de Billarda do Licor de Toxo no que os participantes loitarán por unha exclusiva botella de churume alebrestrado maís poderoso simbolo do Territorio Galego Ceive..




Prepárate pois e vai con sede e gañas de festa porque o Noalla Viva promete emocións fortes e intensas nun contexto no que desportos marxinais como a futbol están a sufrir as consecuencias da nefasta xestión dos seus directivos  polo que o mellor que pode facer calquer futbolistas no momento actual  é guindar as botas e aferrarse á dignidade dos paláns cos que pedir xustiza ...Billarda sempre , Adiante co Varal!!