O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 28, 2012

PINCHAS Ó ASPETO NA ESTACADA DE BUEU E CARNE CRÚA DENDE UN ZULO DE VALLEKAS!!






















Todo preparado en Bueu para apartires das 16:30 h ceibar a bomba de neutróns billardeiros  no Multiusos da Estacada donde a tribo da Conferendia Sur , apoiando as verbas e a acción nuclear do gran presidente iraní Mahmud Ahmadinejad , vai iniciar a súa infernal e suicida carreira armamentística nista combulsa e apaixoante tempada  2012-13 que agora empeza / Info e Inscripción>> 658.491908


CARNE CRÚA >> COSTILLETAS-BOMBA , COITELOS E SANGUE A REGOS NA DERRADEIRA EMISIÓN EN CLAVE PIRATA DENDE RADIO VALLEKAS!!


















E ista tarde dende o zulo dos estudos de Radio Vallekas , Crudo,  o locutor expulsado polo Arias Navarro que actualemte dirixe Radio3 e que executou sen inmutarse purga ordeada polo actual goberno do home-faria en Nova Iorque , sairá hoxe de novo ó ar dende as 18 h ás 20 h para lanzar a costilleta-bomba de despedida que a dirección de radio3 lle negou cando cortaron a emisión do absolutamente referencial  programa de radio Carne Cruda. A emision ao vivo poderase segurir pola Rede de Medios Comunitarios entre a que se atopa as emisoras irmáns na Galiza da CuacFM  , Radio Filispín e Radio Roncudo..impedíbel pois iste estalo de coitelos e sangue a regos que se non podes pillar en directo depois poderás sentir en podcast xa que antes da súa emision xa se fala dun dos fitos históricos da comunicación alternativa no estado español...Carne Cruda Sempre , Adiante co Varal!!