O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 12, 2012

O "I MEMORIAL CALVETE" NO MARCO DO ABERTO DO VERMÚ INCENDIA O PAÍS ENTEIRIO CA SÚA FORZA VITAL E BILLARDEIRA!!


















Todo listo e disposto para o arrinque unha edición máis da competición regular na Conferencia Mae , un novo paso ó fronte que se vai confirmar iste domingo en Remourelle coa aprovación do calendario durante o xantar de Irmandade da Norleste despois da desputa a iso das 12 h do xá mítico Aberto do Vermú que se impregana aínda máis de história ó ser xa sinalado dende iste domingo ate o final dos tempos coma o Troneo co que honrar a memoria do noso REFERENTE ABSOLUTO - CALVETE -  falecido a pasada tempada. Iste domingo ó igual ca todos os días nas pistas da LNB pero con máis forza ca nunca e falándolle á orella a cada palanador e palanadora estará CALVETE en Remourelle para impulsar coa súa brutal forza no arrinque dunha nova gran aventura billardeira na NorlestE que dará comezo o vindeiro 22 de Setembro co Aberto do Bonito de Burela.
















Non existe unha auténtica festa sen o rito máxico da sesión vermú que se realizará a pé de pista no coliseum de Remourelle , alí se medirán as forzas no ultimo ensaio antes da tempada regular e donde as novas fichaxes e novas equipas amosarán as súas credenciais antes de sentarse na mesa presidida polo silla de CALVETE.











Mais non será o único estalo do domingo billardeiro an NorLeste xa que a unha presada de Km. a sepre multicor da LNB dirixida polos irmáns de Xotramu no marco dunha gran xornada de xogos tradicionais que se celebrará en Cobas ( Vivieiro ) realizarán no serán un explosivo Aberto de Billarda da ROBALIZA que atronará a vila con máis forza cas bandas do referencial Resurection Fest. E atención porque un días antes a miles de KM en Chiclana ( Cadiz ) un comando da LNB realizará o primeiro Aberto de Billarda de irmandade entre o pobo Anadaluz e Galego . E vai afiando as billardas porque os irmáns do Fervedoiro de Cuntis preparan o vindeiro sábado 22 de setembro unha nova edición do seu espectacular Aberto de Billarda en Guimarei , sen dúbida un dos mellores cartaces de cantos se teñen realizado na história da LNB para un dos mellores Abertos de cantos se teñen celebrado xamais , entra no seu espazo facebook e refrega os ollos....Ferveoiro Sempre , Adiante co varal!!