O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 14, 2012

FABAS DE LOURENZÁ E COLCHÓN DE LÁ ...OS ASES NA MANGA DO CICLISTA LNB NO SEU NOVO ASALTO Ó MAIOT DE LIDER DA VOLTA Á GALIZA!!



















O ano pasado a LNB utilizou a Volta a Galiza coma o cruce de camiños no que Rubén Sanchez o xefe de filas do Clube Ciclista Vigués , asinou o seu pacto co demo. Un demo billardeiro que non se fixo evidente nosa competición senón que agardou uns meses máis para empurrar a Rubén nas estradas da Estrada coma campión galego en ruta. Mais ista find chega a vinganza , Rubén de novo asalta unha das súas competiciósn favoritas como é a Volta a Galiza disposto a todo , para elo estivo en Santo Adrao , a poderosa parroquia de Lourenzá , arrodeado de auténticas fabas galegas desenrolando un rexo programa de adestramentos que terán o seu desenlace defintivo dende iste venres a domingo.















Etapas Sigüeiro-Sigüeiro , Marín - A Peroxa e O Barco - O Barco son os tres asaltos nos que o Ciclista LNB tentará facer xustiza billardeira conquistando o maiot de lider da xeral , para elo a LNB ademáis do seu apoio incondicional nas estradas tamén preparou un espectacular colchón especial de auténtica lá de ovella galega no que o Ciclista LNB vai descansar confortabelmente nos hoteis da volta á Galiza . Sigue no facebook oficial do Varal coordiando pola division ciclista da LNB " tronzadores de cunetas " o minuto a minuto do Ciclista LNB nista XI Volta ciclista á Galiza